Phocoenoides dalli
Phocoenoides dalli é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos focénidos, o único membro do xénero Phocoenoides que, á súa vez, é o único da subfamilia dos focenoidinos (Phocoenoidinae).
Phocoenoides dalli | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Phocoenoides dalii (True, 1885) [1] | |||||||||||||||||||||||
Distribución mundial de Phocoenoides dalii
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Esta especie de toniña foi descrita en 1885 polo zoólogo estadounidense Frederick William True, que a denominou Phocoena dalli na honra do seu compatriota o naturalista William Healey Dall (1845-1927).
Pero cando máis tarde , en 1911, Roy Chapman Andrews describiu o xénero Phocoenoides,[2] foi reclasificada neste xénero, de xeito que o seu nome científico válido actualmente é Pnocoenoides dalli (True, 1885).
Esta marsopa adquiriu certa sona nos medios de comunicación mundiais na década de 1970, cando se revelou por primeira vez ao público que a pesca de salmóns con palangres matara a miles destes cetáceos. Por outra parte, cómpre dicir que esta especie péscase industrialmente no Xapón, onde se consome a súa carne.
Catarcetrísticas
editarAs características principais son as seguintes:[3]
- Os adultos teñen un tamaño comprendido entre 1,70 e 2,40 m, e un peso de entre 170 e 200 kg.
- O corpo ten unha coloración chamativa: negra, cunha ampla zona branca nos flancos e, ás veces, no extremo das aletas dorsal e caudal.
- A cabeza e as aletas pectorais, situadas cerca da cabeza, son relativamente pequenas, e a súa boca, estreita, nun fociño cun bico pouco prominente e labios que poden ser negros ou brancos, está armada con de 23 a 28 pares de dentes na mandíbula superior, e de 24 a 28 na inferior.
- A aleta dorsal é prominente, en forma de gancho, e de cor variábel, normalmente negra na base e gris ou branca na parte superior.
- Nada rapidamente (até os 55 km/h) e é hiperactivo.
- Aproxímase aos barcos.
- Polo xeral viaxa en pequenos grupos, que poden ocasionalmente reunirse en grandes bancos de miles de individuos.
Distribución
editarVive en augas frías do Pacífico setentrional, entre as Kamchatka á de Alasca, polo norte, e até os 50º N (asociado con golfiños), e desde os 40º N (asociado a caldeiróns) até mais ao sur (costas de Corea e o Xapón) no leste e costas norteamericanas até a Baixa California no oeste.[3]
Pouco se sabe sobre as súas migracións, pero parece que se despraza cara ao norte en verán e cara ao sur en inverno; algúns individuos poden pasar o verán tan ao norte como no estreiro de Bering.[3]
Alimentación
editarCaza crustáceos, luras e peixes, apañando sardiñas e especies afíns en augas superficiais, e peixes lanterna a niveis máis baixos.
Estado de conservación
editarA especie é abundante, e estímase que a poboación actual é de máis de 1 millón de animais. A especie foi amplamente matada en operacións de pesca en mar aberto con redes de deriva durante as décadas de 1970 e 1980, pero agora están prohibidas estas pescarías, e os niveis de capturas no actuais non están considerados como o suficientemente altos como para causar descensos de poboación significativos. As capturas nas augas costeiras xaponesas, así como as incidentais nestas augasa e n as rusas (que se estiman globalmente nuns 20 000 espécimes ao ano), non parece que constitúan unha ameaza para o descenso de poboación suficiente como para xustificar a inclusión desta especie en ningunha categoría de ameaza.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Phocoenoides dalii en WoRMS.
- ↑ Andrews, R. C. (1911), Bull. Am. Mus. Nat. Hist., 30: 31. Phocoenoides dalli en Mammal Species of the World.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Carwardine, M. (1995), pp. 248-249.
- ↑ Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K. A., Karkzmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M.D., Wang, J. Y. , Wells, R. S. & Wilson, B. (asesores) (2008): Phocoenoides dalli na Lista vermella de especises ameazadas da IUCN, versión 2013.1.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Phocoenoides dalli |
Bibliografía
editar- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
- Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Phocoenoides dalli en ADW. (en inglés) Contén ampla información.