Philippe Kahn, nado en París o 16 de marzo de 1952,[1] é un matemático, innovador tecnolóxico, empresario francés. Kahn está considerado como o creador do primeiro teléfono con cámara,[2][3] como un pioneiro da tecnoloxía portátil e como autor de ducias de patentes tecnolóxicas.[4][5]

Infotaula de personaPhilippe Kahn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónETH Zürich
University of Nice Sophia Antipolis (en) Traducir
University of Côte d'Azur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , informático teórico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiClaire Monis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: bba50a5c-af59-4cbe-bc04-130baef87d4a Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e educación editar

Kahn creceu en París.[6] Naceu nunha familia de inmigrantes xudeus con medios modestos. A súa nai, Claire Monis, era unha supervivente de Auschwitz, violinista e tenente da resistencia francesa. O seu pai era un enxeñeiro mecánico autodidacta con inclinacións socialistas.[7][8]

Kahn estudou matemáticas no ETH Zürich (Suíza), cunha bolsa completa e na Universidade de Niza Sophia Antipolis (Francia). Obtivo un mestrado en matemáticas e tamén en musicoloxía e interpretación da frauta clásica no Conservatorio de Zürich.[9] Como estudante, Kahn desenvolveu software para o MICRAL, que está considerado polo Museo da Historia do Computador como o primeiro computador persoal baseado en microprocesadores.[10]

Compañías tecnolóxicas editar

 
Philippe Kahn traballando na primeira cámara dun teléfono
 
11 de xuño de 1997, Santa Cruz, California: imaxe tomada por Philippe Kahn tralo nacemento da súa filla

Kahn fundou catro compañías de software: Fullpower Technologies (2003), LightSurf Technologies (1998), Starfish Software (1994) e Borland (1982).

Kahn fundou Borland en 1982, e foi o seu CEO ata 1994. Nese tempo era o competidor de Microsoft e producía compiladores de linguaxes de programación e ferramentas para o desenvolvemento de software.[11][12] O seu primeiro produto, Turbo Pascal, vendíase por 49,95 dólares nun momento en que as ferramentas de programación custaban centos ou miles de dólares.[13] Kahn foi presidente, CEO e director de Borland e pasou Borland de non ter ingresos a valer cincocentos millóns de dólares. Kahn e o consello de Borland non acordaron en que centrar a compañía e en xaneiro de 1995, Kahn foi obrigado polo consello a dimitir do seu posto como CEO.[14]

Starfish Software foi fundada en 1994 por Philippe Kahn como descendente da unidade de negocios de Simplify de Borland e pola separación de Kahn de Borland. TrueSync foi o primeiro sistema de sincronización Over-The-Air (OTA). Starfish foi adquirida con éxito por Motorola por 325 millóns de dólares en 1998.[13]

Kahn e a súa esposa Sofia cofundaron a compañía de mensaxes multimedia LightSurf Technologies en 1998.[15] En 2005, LightSurf foi adquirida por Verisign por 300 millóns de dólares.[13] Syniverse Technologies adquiriu Lightsurf de Verisign en 2009.[16]

Fullpower, fundada en 2003, ofrece un ecosistema patentado para solucións de Internet das cousas con redes de sensores de apoio. A inspiración dalgúns dos seus produtos clave procede da paixón de Kahn pola navegación. Durante unha carreira que esixía aos navegantes a durmir menos dunha hora en cada período de vinte e catro horas, Kahn comezou a experimentar con biosensores e acelerómetros lineares de tres eixes que podían detectar micromovementos e achegar recomendacións. Kahn creou prototipos de rastrexadores de soño que optimizaban as sestas de vinte e seis minutos para maximizar os beneficios do soño e o tempo de navegación.[17]

Primeira cámara nun teléfono editar

En 1997, Kahn creou a primeira cámara nun teléfono para compartir imaxes instantaneamente en redes públicas. O ímpeto por esta invención foi o nacemento da filla de Kaha; ensamblou unha conexión entre un teléfono móbil e unha cámara dixital e enviou as fotografías en tempo real.[18][19][20][21] Kahn dixo posteriormente: "sempre quixen ten este traballo a tempo para compartir a fotografía do nacemento da miña filla, mais non estaba seguro de que o fose facer. É sempre o caso de que se non fose polo último minuto, nada se faría".[22]

En 2016 a revista Time incluíu a primeira fotografía de Kahn co seu teléfono na súa listaxe das cen fotos máis influentes de todos os tempos.[23] En 2017, Subconscious Films creou unha curtametraxe que recreaba o día que Philippe compartiu instantaneamente a primeira fotografía cun teléfono no nacemento da súa filla Sophie.[24]

Patentes editar

Kahn soliciou o recibiu noventa patentes, en campos que inclúen os sensores de movemento, a tecnoloxía portátil, os GPS, a telemedicina e a monitorización do soño.[25]

Defensa dos dereitos dos homosexuais editar

Baixo a dirección de Kahn, Borland converteuse na primeira compañía de software que ofreceu ás parellas de feito beneficios completos e foi un pioneiro nos dereitos dos homosexuais en Silicon Valley. Kahn foi un relator clave na conferencia sobre os dereitos dos homosexuais na conferencia no campus de Apple o 19 de outubro de 1993.[26]

Vida persoal editar

Kahn ten catro fillos. Os tres primeiros, Laura, Estelle e Samuel, son do seu primeiro matrimonio. Despois casou con Sonia Lee, coa que ten unha filla, Sophie.[3][27] Sonia cofundou con el tres das compañías de Kahn, Fullpower Technologies, LightSurf e Starfish Software.

Navegación e deportes editar

O foco de Philippe Kahn no medio natural levouno ao deporte da navegación. O equipo de navegación de Kahn, Pegasus Racing, compite en moitos campionatos do mundo cada ano. Navegante de augas abertas con máis de dez cruzamentos transpacíficos, Kahn ten o récord do Transpac dende San Francisco a Oahu, Hawai.[28]

As súas fazañas en navegación inclúen a vitoria da división de 2009 con dous tripulantes da Transpacific Yacht Race dos Ánxeles a Hawai, e estableceu o récord de Transpac en 7 días e 19 horas, batendo o tempo previo de 10 días e 4 horas.[17]

O fillo de Kahn, Samuel ("Shark"), tamén navega dende neno.[29] Na súa adolescencia gañou varias carreiras destacadas, como a Melges 24 de 2003 xusto despois de cumprir quince anos.[30] Tamén competiu contra o seu pai.[31]

Fundación Lee-Kahn editar

Kahn e a súa esposa Sonia manteñen a Fundación Lee-Kahn.[15] Segundo a páxina da fundación, patrocina organizacións locais e estatais non gobernamentais centradas en causas ambientais e traballa para mellorar o acceso ao coidado da saúde, a educación e as artes.[32]

Notas editar

  1. Darrow, Barbara (10 de novembro de 1999). "Phillipe Kahn". CRN (Computer Reseller News). Archived from the original on 06 de decembro de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 
  2. "In just one hour, two Bell Labs scientists had a breakthrough that won the Nobel prize — and changed photography forever". businessinsider.com. 17 de xuño de 2015. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Epstein, Sonia (agosto de 2018). "The Birth of the Camera Phone". Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  4. "iPhoneographers learn from the pros at 1197 conference". Macworld. 24 de outubro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  5. "MEMS Journal -- The Largest MEMS Publication in the World". memsjournal.com. 1 de agosto de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  6. "Meet the Man Behind the Very First Camera Phone". mashable.com. 6 de marzo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  7. Weber, Jonathan (23 de febreiro de 1992). "Kahn the Barbarian". Los Angeles Times. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  8. "Dr. Susan Eischeid Honored with Presidential Excellence Award for Research". valdosta.edu. 12 de outubro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  9. "Entrepreneurship and New Venture Creation". books.google.com. 30 de xullo de 2008. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  10. computerhistory.org
  11. Philippe Kahn (15 de xuño de 2005). "Vision". Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  12. Taft, Darryl K. (2013-09-05). "30 Years Ago: Turbo Pascal, BASIC Turn PCs Into Programming Engines". eWEEK (en inglés). Consultado o 2022-02-22. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "Triangulation 318 Philippe Kahn | TWiT.TV". TWiT.tv (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  14. Kellner, Krey, Jeffers, Parks
  15. 15,0 15,1 "The Big Picture". wired.com. 10 de outubro de 2000. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  16. "Syniverse Completes Acquisition of VeriSign`s Messaging Business". tmcnet.com. 27 de outubro de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  17. 17,0 17,1 "How an Obsessive Sailor and His Fitness Tracker Supercharged Yacht Racing". Wired. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  18. Maney, Kevin (23 de xaneiro de 2007). "Baby's arrival inspires birth of cellphone camera — and societal evolution". usatoday.com. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  19. Michael Agger (17 de xaneiro de 2007). "When camera phones attack.". Slate Magazine. 
  20. Sullivan, Robert (2011). 100 Photographs That Changed The World. LIFE Books. p. 19. ISBN 978-1-60320-176-6. 
  21. Larry Magid (9 de xuño de 2017). "A baby girl and the camera phone were born 20 years ago". Mercury News. 
  22. Tekla S. Perry (11 de xuño de 2017). "Happy Birthday, Camera Phone! Your Papa Is Very Proud of You.". IEEE Spectrum. 
  23. "Santa Cruz’s Philippe Kahn makes Time’s 100 most influential photos of all time". mercurynews.com. 17 de novembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  24. 1997: The Birth of the Camera Phone, https://vimeo.com/221117048
  25. "Justia patents". justia.com. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  26. Groves, Martha (19 de outubro de 1993). "Advocates of Gay Rights Look to Technology to Further the Cause". Los Angeles Times. Consultado o 6 de xuño de 2012. 
  27. "Computer Systems Laboratory Colloquium". stanford.edu. 1998-04-01. Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  28. Transpacific Yacht Race – The perfect ride? – By Kimball Livingston, 7:40 AM o xoves 19 de maio de 2011
  29. "Kahn and Son Share a Passion". Sailing World (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  30. "Shark Kahn serves notice for Etchells Worlds". www.sail-world.com. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  31. Fisher, Daniel (28 de febreiro de 2005). "Eat My Wake". Forbes (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  32. "Who We Are". lee-kahn.org. Consultado o 19 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar