Motorola
Motorola Mobility LLC, comercializada como Motorola, é unha empresa estadounidense de telecomunicacións e electrónica, filial do conglomerado tecnolóxico chinés Lenovo. A compañía fabrica principalmente teléfonos intelixentes e outros dispositivos móbiles que executan o sistema operativo Android.
Motorola | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | negocio, empresa e empresa multinacional ![]() | |||
Forma xurídica | limited liability company (en) ![]() ![]() | |||
Personalidades | ||||
Propietario/a | Lenovo ![]() | |||
Fundador/a | Motorola ![]() | |||
Director/a | Dennis Woodside (pt) ![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Industria | industria da telecomunicación ![]() | |||
Produtos
| ||||
Entidades | ||||
Matriz | Lenovo ![]() | |||
Membro de
| ||||
Data | ||||
Fundación | 4 de xaneiro de 2011 ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
← Motorola ![]() | ||||
Localización | ||||
| ||||
Sede | Chicago ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | motorola.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
En 2011, Motorola Inc. foi dividida en dúas firmas independentes unha da outra. Motorola Mobility naceu como spin-off co que fose o brazo de Motorola en materia de teléfonos, mentres que Motorola Solutions ficou coa parte de equipos como servidores e redes de telecomunicación despois do renomeamento do nome orixinal. Por iso, o sucesor legal directo de Motorola é Motorola Solutions.
A Motorola orixinal foi fundada en 1928 en Chicago por Paul V. Galvin e o seu irmán Joseph cando adquiren o negocio dun eliminador de baterías, por quebra da Stewart Battery Co., e crean a Galvin Manufacturing Corporation con só cinco empregados e un patrimonio de 565 dólares en efectivo, 750 dólares en ferramentas e un deseño para o primeiro produto da compañía: un eliminador de baterías. O nome "Motorola" foi adoptado en 1947, mais foi utilizado como marca comercial dende que en 1930 desenvolve a primeira radio para automóbil.
En agosto de 2011, foi adquirida por Google por unha cifra aproximada de 12.500 millóns de dólares. Debido ás perdas económicas, o 29 de xaneiro de 2014 Google vendeuna á compañía chinesa Lenovo por 2.910 millóns de dólares.[1]
Notas
editar- ↑ Diario El Mundo. "Motorola, del 'born in Usa' al 'made in China'" (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2020.