Philippa Foot

Filósofa británica (1920-2010)


Philippa Ruth Foot, nada co apelido Bosanquet en Lincolnshire o 3 de outubro de 1920 e finada en Londres, 3 de outubro de 2010,[1] foi unha filósofa británica, coñecida especialmente por ser unha das fundadoras da ética da virtude contemporánea, inspirada na ética aristotélica desde un punto de vista da filosofía analítica e unha forte influencia de Wittgenstein. O seu traballo foi fundamental para o rexurdir da ética normativa, competindo con outras teorías éticas máis populares como a deontolóxica ou o utilitarista.

Infotaula de personaPhilippa Foot

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Owston Ferry, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 2010 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSomerville College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoÉtica, Filosofía da mente, estética e filosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa , eticista (pt) Traducir , profesora universitaria , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeM. R. D. Foot (1945–1960), divorcio
PaisWilliam Sidney Bence Bosanquet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Esther Cleveland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarion Frances Bosanquet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Bosanquet-80 Find a Grave: 182515403 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era neta do presidente estadounidense Stephen Grover Cleveland,[2] polo que a súa nai nacera na Casa Branca, como filla do presidente. Foi educada nunha familia acomodada xunto coa súa irmá Marion, coa que compartía o amor pola caza, que máis tarde serviría para construír metáforas para ilustrar as súas discusións filosóficas.

Estudou Filosofía, Política e Economía ('PPE') no Somerville College de Oxford entre 1939 e 1942. A súa estancia en Somerville foi interrompida de 1942 a 1947 durante a Segunda Guerra Mundial, prestando os seus servizos como economista ao goberno. Durante o resto da súa vida, foi profesora de Filosofía (1947–1950), Bolseira e titora (1950–1969), Investigadora principal (1969–1988) e Fellow Honorario (1988–2010). Alí pasou moitas horas debatendo con G. E. M. Anscombe e aprendendo dela sobre a filosofía analítica de Wittgenstein e unha nova perspectiva moral chegando a afirmar: "Aprendín todo dela".[3][4]

A súa obra cambiou de rumbo, con respecto ás súas posicións ocupadas nos anos 50 e 60, ao tentar modernizar a teoría aristotélica, adaptándoa ao mundo contemporáneo e compatibilizándoa con outras teorías modernas como a deontolóxica e a ética utilitarista. Cuestionou "a ortodoxia do pensamento" de Alfred Jules Ayer e Richard Hare e foi unha das pioneiras da ética da virtude. Algúns dos seus traballos foron cruciais para o rexurdimento da ética normativa dentro da filosofía analítica, especialmente a súa crítica ao consecuencialismo (un exemplo familiar diso é a súa discusión continuada sobre o chamado "dilema do carro").

Os seus traballos xiran arredor da ética, e cuestiona temas como o aborto, a eutanasia, a liberdade de vontade, a obxectividade e racionalidade da moral, a virtude e os vicios, a crítica ao utilitarismo e varios dilemas morais.[5]

Notas editar

  1. "Philippa Foot obituary". The Guardian. 5 de octubre de 2010. 
  2. O'Grady, Jane. "Philippa Foot obituary". Consultado o 14 de noviembre de 2017. 
  3. J.B. Lipscomb,, Benjamin (2023-06-28). "The Women Are up to Something. How Elizabeth Anscombe, Philippa Foot, Mary Midgley, and Iris Murdoch Revolutionized Ethics": 99–107. ISSN 1870-4905. doi:10.22201/iifs.18704905e.2023.1430. 
  4. Zalta, Edward N. (ed.). Philippa Foot. 
  5. Foot, Philippa (1967). "The Problem of Abortion and the Doctrine of the Double Effect" (PDF). Oxford Review (en inglés) (5): 8. Consultado o 30/12/18. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar