Phasianus

xénero de aves

Phasianus é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da superfamilia dos fasianoideos (Phasianoidea), da familia dos fasiánidos (Phasianidae) e da subfamilia dos fasianinos (Phasianinae).

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía editar

O nome Phasianus tirouno Linneo do latín phasiānus, -i (nome masculino e feminino), 'faisán'. Este nome deriva do grego Φασιανός phasianós, "faisán" ou, máis precisamente, "ave do Phásis" (Φάσις), río da Cólquida (antigo reino situado na actual Xeorxia), que desemboca no mar Negro, de onde procedía o animal que el describiu para o xénero, Phasianus colchicus, o "faisán da Cólquida".[2]

Especies e subespecies editar

Na actualidade a práctica totalidade dos autores recoñecen no xénero dúas especies:[1]

Imaxe Nome científico Nome vulgar Distribución
  Phasianus colchicus Linnaeus, 1758 faisán común Asia
  Phasianus versicolor Vieillot, 1825 faisán verde Xapón

Do faisán común (P. colchicus) recoñécense até 30 subespecies, que forman cinco ou seis grupos distintos; un deles só se encontra na illa de Taiwán, na costa sur da China continental, e o resto no Continente asiático, chegando polo oeste até o Cáucaso. Algunhas subespecies introducíronse en Europa, América do Norte e outros lugares, onde se hibridaron e se aclimataron ben.

O faisán verde (P. versicolor) é unha especie endémica do Xapón que, segundo suxire o rexistro fósil, se separou hai uns 2,0-1,8 millónes de anos de P. colchicus.[3]

Rexistro fósil editar

Encontráronse restos fósiles dun Phasianus en rochas do mioceno tardío na China. Polo tanto, como moitos outros xéneros de fasiánidos, esta liñaxe remóntase a máis de 5 millóns de anos.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Phasianus Linnaeus, 1758 no ITIS.
  2. pheasant no Online Etymology Dictionary.
  3. Lixun Zhang, Bei An,Niclas Backstrom, Naifa Liu (2013). "Phylogeography-Based Delimitation of Subspecies Boundaries in the Common Pheasant (Phasianus colchicus)". Biochem Genet. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar