Peter Bosz
Peter Bosz, nado o 21 de novembro de 1963 en Apeldoorn, é un ex xogador e adestrador de fútbol dos Países Baixos, desde xullo de 2016 é o adestrador do AFC Ajax.
Peter Bosz | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Peter Bosz | ||
Nacemento | 21 de novembro de 1963 | ||
Lugar de nacemento | Apeldoorn | ||
Altura | 1'75 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Ajax (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
OBV | |||
Apeldoornse Boys | |||
AGOVV Apeldoorn | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1981–1984 | Vitesse | 81 | (2) |
1984–1985 | AGOVV Apeldoorn (afeccionados) | ||
1985–1988 | RKC Waalwijk | 105 | (4) |
1988–1991 | SC Toulon | 93 | (0) |
1991–1996 | Feyenoord | 155 | (6) |
1996–1997 | JEF United Ichihara | 36 | (3) |
1998 | Hansa Rostock | 14 | (0) |
1998–1999 | NAC Breda | 26 | (1) |
1999 | JEF United Ichihara[1] | 11 | (0) |
Selección nacional | |||
1991–1995 | Países Baixos | 8 | (0) |
Adestrador | |||
2000–2002 | AGOVV Apeldoorn | ||
2002–2003 | De Graafschap | ||
2004–2006 | Heracles Almelo | ||
2006–2009 | Feyenoord (director técnico) | ||
2010–2013 | Heracles Almelo | ||
2013–2016 | Vitesse | ||
2016 | Maccabi Tel Aviv | ||
2016– | Ajax | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Centrocampista de éxito, Bosz comezou a súa carreira profesional c Vitesse en 1981 e logo dunha cesión en 1984 ao AGOVV Apeldoorn, entón afeccionado, volveu ao fútbol profesional co RKC Waalwijk (1985-1988) para pasar despois ao fútbol francés co SC Toulon (1988-1991) tras do que volveu aos Países Baixos para xogar durante seis tempadas co Feyenoord (1991-1996). En 1996 fichou polo equipo xaponés JEF United Ichihara (1996–97), ao que lle seguiu o club alemán Hansa Rostock (1997–98) e o holandés NAC Breda (1998–99). Retirouse no termo do ano 1999 após un segundo período con JEF United Ichihara.
AdestradorEditar
O seu primeiro club como adestrador foi o AGOVV Apeldoorn (2000-2002) co que logrou en 2002 o campionato de afeccionados. Comezou no fútbol profesional en 2002 como adestrador do De Graafschap (2002–2003), o equipo rematou o último e baixou á segunda división. O seu seguinte equipo foi o Heracles Almelo (2004–2006), na primeira tempada quedou primeiro da segunda división e logrou o pase á máxima categoría na seguinte tempada asegurou a súa permanencia ao rematar no 13º lugar.
En xullo de 2006 aceptou unha oferta como director técnico do Feyenoord, e así foi responsable das fichaxes (entre outros) de Giovanni van Bronckhorst, Roy Makaay, Tim de Cler, Kevin Hofland e Denny Landzaat.[2] Deixou o posto o 14 de xaneiro de 2009 pola súa oposición ao despedimento do primeiro adestrador Gertjan Verbeek.[3]
No verán de 2010 volveu ao Heracles Almelo, ao substituír a Verbeek que fichara polo AZ Alkmaar. O equipo finalizou oitavo na liga, asegurándose a súa participación na rolda de cualificación para a competición europea, onde o eliminou o FC Groningen e o Heracles acabou 12º nas tempadas 2011–12 e 2012–13. Deixou o club en 2013.
VitesseEditar
O 19 de xuño de 2013 Bosz converteuse en adestrador do Vitesse, asinando un contrato de dous anos, acompañouno como segundo Hendrie Krüzen procedente tamén do Heracles. En novembro de 2013 o Vitesse era primeiro da liga por primeira volta desde 2006, e a metade da tempada mantiña a posición, non obstante o equipo rematou na sexta praza.
A tempada seguinte Bosz estendeu o seu contrato ata 2016 e xunto co director técnico Mohammed Allach desenvolveu un plan plurianual, no que lle outorgaba á canteira do Vitesse un papel fundamental, así como ao desenvolvemento do ataque. Na tempada 2014–15 o Vitesse rematou quinto cualificándose para a rolda de clasificación europea. Derrotou ao PEC Zwolle na semifinal e ao SC Heerenveen na final, asegurándose a súa participación na terceira rolda da UEFA Europa League 2015-16. Cando Bosz deixou o equipo, no inverno da tempada 2015–16, o Vitesse era quinto.
AFC AjaxEditar
Tras unha breve estada en Israel, dirixindo o Maccabi Tel Aviv de xaneiro a maio de 2016,[4] firmou polo AFC Ajax por tres anos.[5] No seu primeiro partido de competición o 27 de xullo o seu equipo empatou 1–1 contra o PAOK na terceira rolda de cualificación para a Liga de Campións,[6] e no seguinte partido perdeu 5–2 contra o FC Rostov.[7]
NotasEditar
- ↑ "1999Jリーグ ディビジョン1". so-net.ne.jp. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Manager Bosz 'blij dat nieuw Feyenoord vorm krijgt' / Ook Makaay en Hofland bij nieuwkomers in Kuip". Trouw. 3 de setembro de 2007.
- ↑ Seizoengids 2010/2011. Voetbal International. p. 108.
- ↑ Peter Bosz appointed Ajax manager on three-year deal, Sky News, 25 de maio de 2016
- ↑ "Ajax hire Peter Bosz to replace the departing Frank de Boer". ESPN. 24 de maio de 2016.
- ↑ ""Ajax 1-1 PAOK"". UEFA.com. 27 de xullo de 2016.
- ↑ "Four-time European champions Ajax missed out on a place in the Champions League group stage after losing 4-1 to Rostov". BBC Sports. 24 de agosto de 2016.