Peter, Paul and Mary

Peter, Paul and Mary foi un trío folk dos Estados Unidos, composto por Peter Yarrow, Noel Paul Stookey e Mary Travers. O trío de cantantes e activistas, iniciado en 1960, tivo case cincuenta anos de carreira. Despois da morte da cantante Mary Travers en 2009, por mor dun cancro, Peter Yarrow e Noel Stookey continuaron a actuar como dúo co nome de Peter and Paul.

Peter, Paul and Mary
De esquerda a dereita: Paul Stookey, Mary Travers e Peter Yarrow en 1963
OrixeNova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1961-1970
1978-2009
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
Na rede
https://www.peterpaulandmary.com/
IMDB: nm1356181 IBDB: 87716
Facebook: peterpaulandmary Spotify: 6yrBBtqX2gKCHCrZOYBDrB Last fm: Peter,+Paul+&+Mary Musicbrainz: 3d621c94-2356-4532-ad52-79e0ef73e20c Songkick: 106182 Discogs: 327360 Allmusic: mn0000274321 Deezer: 64410 Editar o valor en Wikidata
Peter, Paul and Mary nunha foto publicitaria do ano 1960
Peter, Paul and Mary nunha foto publicitaria do ano 1963
Peter, Paul and Mary en marzo de 1963, en Washington

Historia

editar

Anos iniciais (1961–69)

editar

O empresario Albert Grossman creou o grupo Peter, Paul and Mary en 1961, despois dunha audición con diversos cantantes da escena folk de Nova York. Tras ensaiar en Miami, Grossman preparou unha actuación do trío no The Bitter End, un café popular no escenario folk do Greenwich Village. Gravaron o seu primeiro disco, Peter, Paul and Mary, no ano seguinte. O álbum incluía "500 Miles", "Lemon Tree", e o éxito de Pete Seeger "If I Had a Hammer" e "Where Have All the Flowers Gone??". O álbum foi listado no Top Ten da Billboard durante dez meses, incluíndo sete semanas na posición n.º 1, e permaneceu nas seguintes décadas como un éxito de vendas constante, con preto de dous millóns de copias, gañando un disco de platino dobre da RIAA só nos Estados Unidos.

O grupo debutou na televisión en 1961 ou 1962 no talk show PM East/PM West, presentado por Mike Wallace e Joyce Davidson. En 1963, Peter, Paul and Mary gravaran tres álbums, e os tres estiveron no Top Ten na semana do asasinato do presidente John F. Kennedy.

En 1963, o grupo lanzou "Puff the Magic Dragon", con música de Yarrow e letra baseada nun poema dun estudante da Universidade Cornell, Leonard Lipton. Aínda que a lenda afirma que a canción está chea de referncias ás drogas, probablemente trata da fin da inocencia infantil.[1]

En 1963, o grupo presentou "If I Had a Hammer" na Marcha sobre Washington, lembrada especialmente polo discurso "Teño un soño" de Martin Luther King, Jr. Un dos seus éxitos máis destacados foi a canción de Bob Dylan "Blowin' in the Wind". Tamén cantaron outras cancións de Bob Dylan, como "The Times They Are a-Changin'", "Don't Think Twice, It's All Right" e "When the Ship Comes In". O seu produtor, Albert Grossman, tamén era empresario de Dylan. O seu éxito coa música de Bob Dylan "Don't Think Twice, It's All Right" axudou a proxectar o álbum do mesmo Dylan "The Freewheelin' Bob Dylan", lanzado poucos meses antes, para o Top 30.[2]

"Leaving On A Jet Plane", escrito polo amigo do grupo John Denver, converteuse no seu único éxito Top 1, así como o seu último Top 40 en decembro de 1969, e foi o único sinxelo disco de ouro (un millón de copias vendidas). "Day Is Done", en xuño de 1969, foi o último éxito Hot 100 que gravou o trío.

Separación (1970–78)

editar

O trío terminou en 1970 e todos seguiron carreiras en solitario, cun éxito moito menor do que experimentaran como grupo.

Retorno (1978–2009)

editar
 
Peter, Paul and Mary nunha actuación de 2006

En 1978, reuníronse para un concerto contra a enerxía nuclear e continuaron a gravar discos xuntos e planear unha xira, realizando preto de corenta e cinco espectáculos por ano ata a morte de Mary Travers.[3]

O grupo foi introducido no Vocal Group Hall of Fame en 1999.

Os tres membros do grupo foron activistas políticos prolíficos no movemento pacifista e outras causas. Foron premiados coa Peace Abbey Courage of Conscience o 1 de setembro de 1990.[4]

En 2004, Travers foi diagnosticada con leucemia, o que provocou a cancelación dos concertos restantes da xira dese ano. Recibiu un transplante de medula e volveu á xira o 9 de decembro de 2005 cunha actuación no Carnegie Hall. En 2007, o trío cancelou varias actuacións segundo a enfermidade de Mary non melloraba. Foi precisa unha segunda cirurxía e cancelar novamente a xira.[3] A doenza impediu que Travers participase na xira do verán de 2009, mais Peter e Paul actuaron nesas datas como dúo, nomeando o espectáculo "Peter & Paul Celebrate Mary and 5 Decades of Friendship" ("Peter & Paul celebran a Mary e cinco décadas de amizade").

O trío desapareceu o 16 de setembro de 2009, cando Mary Travers morreu aos 72 de complicacións resultantes da quimioterapia,[5] o mesmo ano en que o grupo foi incluído no Hit Parade Hall of Fame.

Influencia

editar

Mary Travers mencionaba entre as súas influencias a Woody Guthrie, Pete Seeger e The Weavers.[6] O grupo fixo un tributo a algúns dos seus mentores e contemporáneos no seu álbum "Lifeline Concert", de 2004.

Discografía

editar

Sinxelos

editar
Ano Título Posición na clasificación[7][8] Álbum
US Hot 100 US AC
1962 "Lemon Tree"
cara B: "Early In The Morning"
35 - Peter, Paul and Mary
1962 "If I Had a Hammer (The Hammer Song)"
cara B: "Gone The Rainbow" (de Moving)
10 -
1963 "Puff, the Magic Dragon)"
lado-B: "Pretty Mary"
2 1 Moving
1963 "Big Boat"
cara B: "Tiny Sparrow"
93 -
1963 "Settle Down (Goin' Down That Highway)"
cara B: "500 Miles" (from Peter, Paul and Mary)
56 -
1963 "Blowin' in the Wind"
cara B: "Flora" (de Moving)
2 1 In the Wind
1963 "Don't Think Twice, It's All Right"
cara B: "Autumn To May" (de Peter, Paul and Mary)
9 2
1963 "Stewball"
cara B: "The Cruel War" (de Peter, Paul and Mary)
35 -
1963 "A Soalin'"
lado-B: "Hush-A-Bye" (de In The Wind)
- - Moving
1964 "Tell it on the Mountain"
cara B: "Old Coat" (de Moving)
33 7 In the Wind
1964 "Oh Rock My Soul (Part 1)"
cara B: "Oh Rock My Soul (Part 2)
- - Non-album single
1965 "For Lovin' Me"
cara B: "Monday Morning"
30 - A Song Will Rise
1965 "When The Ship Comes In"
cara B: "The Times They Are A-Changin'" (pista non do álbum)
91 -
1965 "Early Mornin' Rain"
cara B: "The Rising Of The Moon"
91 - See What Tomorrow Brings
1966 "Cruel War"
cara B: "Mon Vrai Destin"
52 4 The Peter, Paul and Mary Album
1966 "Hurry Sundown"
cara B: "Sometime Lovin'"
- -
1966 "The Other Side Of This Life"
cara B: "Sometime Lovin'"
- -
1966 "For Baby (For Bobbie)"
cara B: "Hurry Sundown"
- -
1967 "I Dig Rock and Roll Music"
cara B: "The Great Mandella (The Wheel Of Life)"
9 - Album 1700
1967 "Too Much of Nothing"
cara B: "The House Song" (de Album 1700)
35 - Late Again
1968 "Love City (Postcard from Duluth)"
cara B: "Yesterday's Tomorrow"
- -
1969 "Day is Done"
cara B: "Make Believe Town"
21 - Peter, Paul and Mommy
1969 "Leaving on a Jet Plane"
cara B: "The House Song"
1 1 Album 1700
1969 "The Marvelous Toy"
cara B: "Christmas Dinner"
- - Peter, Paul and Mommy

Álbums

editar

Recompilacións

editar

Álbums ao vivo

editar
  • 1964: In Concert
  • 1983: Such Is Love
  • 1988: A Holiday Celebration
  • 1993: Peter, Paul and Mommy, Too

Videografía

editar
  • 1986: Peter, Paul & Mary 25th Anniversary Concert
  • 1988: Peter, Paul & Mary Holiday Concert
  • 1993: Peter, Paul & Mommy, Too
  • 1996: Peter, Paul & Mary: Lifelines Live
  • 2004: Peter, Paul & Mary: Carry It On — A Musical Legacy
editar
  • Peter, Paul & Mary son referenciados no sinxelo da cantante Britney Spears "3", que debutou no primeiro posto da Hot 100 da Billboard.
  • Peter Yarrow dixo no documental Peter, Paul & Mary: Carry It On — A Musical Legacy que sempre tentaron colocar polo menos unha canción para nenos en cada álbum. No filme, o grupo é mostrado nun concerto infantil.
  • No episodio 9 ("The Phone Message") da serie Seinfeld, George canta "Lemon Tree", de Peter, Paul and Mary, para avisar a Jerry que a muller á que está facendo as beiras está entrando no recinto.
  • En Will & Grace, Jack fai referencias frecuentes a Peter, Paul and Mary.
  • No filme Armageddon, Ben Affleck canta "Leaving on a Jet Plane" antes de partir cara ao espazo.
  • En Meet the Parents, Greg e Jack escoitan "Puff, the Magic Dragon" e Greg tenta explicar o suposto significado da letra.
  • Peter, Paul and Mary son mencionados na canción "Breathe" (2001), da banda Depeche Mode.
  1. Entrevista con Peter Yarrow
  2. The Times. Obituario de Mary Travers, 18 de setembro de 2009
  3. 3,0 3,1 Tour schedule
  4. "The Peace Abbey Courage of Conscience Recipients List". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 01 de agosto de 2018. 
  5. Mary Travers Of Peter, Paul and Mary Dies New York Times 16 de setembro de 2009
  6. Ruhlmann, William (12 de abril de 1996). "Peter, Paul and Mary. A song to sing all over this land". Goldmine. Consultado o 13-12-2009. 
  7. Whitburn, Joel. The Billboard Book of Top 40 Hits. 8th ed. Minneapolis: Watson-Guptill Publications, Incorporated, 2004. p488
  8. "Allmusic". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2010. Consultado o 01 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar