Pepita Embil

cantante de zarzuela vasca

Pepita Embil Echániz (en éuscaro: Josefa Enbil Etxaniz), nada en Getaria, Guipúscoa, o 28 de febreiro de 1918 e finada en México o 28 de agosto de 1994, foi unha cantante de zarzuela vasca. É lembrada principalmente polo seu fillo, o tenor Plácido Domingo.

Modelo:BiografíaPepita Embil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Josefa Tomasa Francisca Romana Rufina Embil Echániz Editar o valor en Wikidata
28 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Getaria, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1994 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoZarzuela e Opereta Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePlácido Domingo Ferrer Editar o valor en Wikidata
FillosPlácido Domingo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1478436 Find a Grave: 40087868 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou no canto en Donostia, e comezou a cantar no Orfeón Donostiarra, logo de conseguir unha proba xa que precisaba «traballar para vivir», segundo as súas propias palabras nunha entrevista. En 1940, casou co barítono Plácido Domingo Ferrer, con quen tivo un fillo, o tenor Plácido Domingo Embil. Na súa etapa mexicana, foi admirada polos recitais que daba xunto ó piano do seu fillo. A idolatría do pobo mexicano levouna a considerala «a raíña da zarzuela mexicana».

Os seus comezos son algo difusos e hai moitas versións deles. Non deberon de ser moi importantes: a pesar de ser unha artista recoñecida en moi pouco tempo e ó seu debut no Liceu de Barcelona, os anos trinta foron para ela practicamente inexistentes no tocante ó musical. Porén, ó acabar a guerra civil converteríase nunha soprano lixeira moi aprezada durante a década de 1940. O seu descubridor foi un mestre vasco que a incitou a que se animase no Orfeón Donostiarra de Donostia.

Anos 40 en España

editar

Conseguiu, grazas á súa voz, formar parte da compañía do Teatro Calderón de Madrid en diversas tempadas dende 1940 até 1945. Nese grupo de amigos, fundouse Ases Líricos, unha compañía a porcentaxe formada por artistas de zarzuela que logrou moitos éxitos durante moitas décadas e pola que pasaron os mellores artistas nacionais de zarzuela.

A primeira tempada seria para Pepita, tras nacer o seu fillo Plácido, foi a que conseguiu da man de Salvador Videgain García, un experto cazatalentos na compañía do mestre Quiroga; alí representou gran número de zarzuelas e estreou La reina fea (1941). Coincidiría con este de novo na compañía do xa mencionado Teatro Calderón en (1942), estreando El desfile del amor, xunto a Antonio Medio. Con este último estrearía Black el payaso e Don Manolito (1943). Formando compañía con Antonio e baixo os auspicios do mestre Jacinto Guerrero, estreou no Teatro Coliseum, de Madrid, Loza, Lozana e En el balcón de Palacio (1943). A súa última grande estrea foi Tiene razón Don Sebastián, o 22 de maio de 1945; o xénero estaba en declive, e víase claro, a partir desa data, que os gustos cambiaran e que os autores xa non daban o que se lles reclamaba. Pode dicirse de Pepita que estreou nesta época as últimas grandes zarzuelas.

Etapa americana

editar

Logo de rematar unha serie de xiras pola península coa agrupación Ases Líricos, estreando algún teatro como a Gran Vía, de Salamanca en (1946), decidiron embarcarse nunha xira coa compañía do mestre Moreno Torroba, que artisticamente os afastaría de España case para sempre. Os seus éxitos calaron nos públicos americanos de Porto Rico, onde actuou en 1950 no Teatro Tapia, coa compañía de Miguel de Grandy, Cuba, México, Venezuela e Colombia. Isto sería determinante para que o matrimonio formase unha compañía propia en 1948 para actuar no Teatro Arbeu e estabelecerse definitivamente en México. Os anos seguintes actuarían unha tempada por aquel escenario, repondo obras como Luisa Fernanda, La viuda alegre, Marina, La tabernera del puerto, El orgullo de Jalisco e outras. Despois percorrerían México asociados á vedette Rosita Fornés (1951), e ano tras ano a parella reaparecería polos escenarios mexicanos, ás veces como empresarios asociados a famosas voces de zarzuela española que recalaban alí, outras como simples cantantes.

Regreso a España

editar

A familia empezou a ter nostalxia da súa terra e expúxose aceptar ofertas para vir actuar a España. En 1966, Pepita e o seu marido viñeron actuar coa compañía de José de Luna percorrendo na xira as Illas Canarias e o norte do país. Máis tarde, actuaron no Teatro da Zarzuela de Madrid. Volverían a Barcelona en 1974, dirixidos polo seu fillo Plácido Domingo Embil, e no Liceo representaron Doña Francisquita. Esta sería a última obra da carreira de Pepita Embil e a da súa despedida.