Pepe Pozas

baloncestista español

José Pozas Checa, coñecido coma Pepe Pozas, nado o 14 de maio de 1992 en Málaga, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga no Coosur Real Betis da Liga ACB. Cunha estatura de 1,83 metros xoga na posición de base.

Pepe Pozas
Coosur Real Betis  – No. 44
Información persoal
Nacemento 14 de maio de 1992 (31 anos)
España Málaga, España
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 85 kg (187 lb)
Posición Base
Información da carreira
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Clínicas Rincón (2010–2014)
Valladolid (2014)
Obradoiro CAB (2014–2021)
Real Betis (2021–presente)

Traxectoria editar

Pozas formouse nas categorías inferiores do Unicaja Málaga ata chegar ó CB Axarquía da Liga LEB Ouro, equipo que abandonou no ano 2014 para fichar polo CB Valladolid da Liga ACB. En 15 partidos disputados co Valladolid, fixo 5.7 puntos e 3.6 asistencias por encontro.

O 8 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] O 8 de xullo de 2017, o Obradoiro anunciou un acordo con Pozas para ampliar o seu contrato unha tempada máis.[2] O 29 de novembro de 2017, ampliaron de novo o contrato do xogador por dúas tempadas máis.[3] Despois de sete tempadas no club santiagués, anunciouse a marcha de Pozas do Obradoiro, deixando o equipo coma o xogador que vestiu en máis partidos a camiseta obradoirista con 201, o máximo asistente da historia do club con 699, e o que máis roubos de balón acadou, con 162.[4]

O 16 de xullo de 2021, Pozas asinou co Real Betis da Liga ACB un contrato por tres tempadas.[5]

Notas editar

  1. El Obradoiro ficha al base Pepe Pozas por dos temporadas
  2. "El Monbus Obradoiro y Pepe Pozas renuevan su contrato por una temporada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  3. "El Monbus Obradoiro y Pepe Pozas renuevan su contrato por dos temporadas". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  4. "Pepe Pozas non continuará no Monbus Obradoiro". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  5. "Pepe Pozas se viste de verdiblanco por tres años". ACB.com. Consultado o 16 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar