Pedro Varela Geiss
Pedro Varela Geiss, nado en Barcelona o 9 de outubro de 1957, é un libreiro, escritor, ensaísta, editor e publicista catalán, presidente entre 1978 e 1993 do grupo CEDADE e defensor de posturas negacionistas do Holocausto e do réxime nazi.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1957 (67 anos) Barcelona, España |
Presidente Círculo Español de Amigos de Europa | |
1978 – 1993 | |
Datos persoais | |
Residencia | Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritor, bibliotecario |
Traxectoria
editarNado o 9 de outubro de 1957[1][2] en Barcelona, en 1978 converteuse en presidente do CEDADE,[3] publicando material negacionista.[4] En 1992 estivo tres meses en prisión en Austria por emitir un discurso hitleriano.[3] Anunciou a súa renuncia á dirección do CEDADE en xaneiro de 1993.[5] Tras disolverse o grupo, en 1994 fundou a libraría Europa en Barcelona, onde tamén vendería literatura a prol do nazismo.[6]
En 1998 iniciouse un proceso xudicial contra Varela, que foi condenado a cinco anos de prisión por «apoloxía do xenocidio».[7] En 2010 volveu ser condenado a dous anos e nove meses de prisión por un delito «de difusión de ideas xenocidas» e por outro de atentado «contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas garantidos pola Constitución».[8] Varela, que ingresou no cárcere o 12 de decembro de 2010, saíu desta o 8 de marzo de 2012.[9]
Nos últimos anos adhírese ao identitarismo e achegouse á ideoloxía da terceira posición, mais citouse en numerosas ocasións ao teórico da cuarta teoría política Aleksandr Duguin como unha das súas influencias contemporáneas principais.
Declárase católico, abstemio e vexetariano.[2]
Libros
editar- Varela Geiss, Pedro (2000). Ética Revolucionaria. Asociación Cultural Ojeda. ISBN 978-8493139049.
- Varela Geiss, Pedro (2014). Cartas desde prisión: Pensamientos y reflexiones en la celda de un disidente. Ediciones Seneca. ISBN 978-8476330203.
Notas
editar- ↑ García, Jesús (15 de xaneiro de 2012). "El nazi Varela siembra cruces gamadas en prisión". El País. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Ferrándiz 2012, p. 8.
- ↑ 3,0 3,1 Atkins 2009, p. 131.
- ↑ Bailer-Galanda 1997, p. 185.
- ↑ Casals 1995, p. 185.
- ↑ Büttner 2011, p. 185.
- ↑ Rodríguez Jiménez 2012, p. 116.
- ↑ Ríos, Pere (8 de marzo de 2010). "Dos años y nueves meses de cárcel para el neonazi Pedro Varela". El País. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ Oms, J. (14 de marzo de 2012). "Sale en libertad el dueño de la filonazi Librería Europa tras cumplir 15 meses de cárcel". Elmundo.es. Consultado o 15 de abril de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Varela Geiss |
Bibliografía
editar- Atkins, Stephen E. (2009). Holocaust Denial as an International Movement. ABC-CLIO. ISBN 978-0-313-34538-8.
- Bailer-Galanda, Brigitte (1997). En: Hermann Kurthen, Werner Bergmann e Rainer Erb (Eds.). ""Revisionism" in Germany and Austria: The Evolution of a Doctrine". Antisemitism and Xenophobia in Germany After Unification (Oxford University Press): 174–189. ISBN 0-19-510485-4.
- Büttner, Frauke (2011). (coordinado por Nora Langenbacher e Britta Schellenberg). "Right-wing extremism in Spain: Between parliamentary insignificance, far-right populism and racist violence" (pdf). Is Europe on the "right" path? Right-wing extremism and right-wing populism in Europe (en inglés): 181–195. ISBN 978-3-86872-617-6.
- Casals, Xavier (1995). Neonazis en España. De las audiciones wagnerianas a los skinheads (1966-1995). Barcelona: Grijalbo. ISBN 84-253-2804-7.
- Ferrándiz, Teresa Mª Mayor (2012). "Los negacionistas del Holocausto" (PDF). Revista de Claseshistoria (293). ISSN 1989-4988.
- Rodríguez Jiménez, José Luis (2012). En: Andrea Mammone, Emmanuel Godin e Brian Jenkins (Eds.). "The Spanish Extreme Right. From neo-Francoism to xenophobic discourse". Mapping the Extreme Right in Contemporary Europe: From Local to Transnational. Volumen 16 de Routledge studies in extremism and democracy (Routledge): 109–123. ISBN 978-0-415-50264-1.