Abrir o menú principal

Pedro de Morenés y Álvarez de Eulate, nado en Areeta (Getxo, Biscaia) o 17 de setembro de 1948, é un empresario, alto executivo e político español, ex ministro de Defensa do Goberno de España dende o 22 de decembro de 2011 ata o 4 de novembro de 2016.

Pedro Morenés
Pedro Morenés.jpg
Nome completoPedro Morenés y Álvarez de Eulate
Nacemento17 de setembro de 1948
 Getxo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra
Ocupaciónpolítico, empresario e avogado
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e Grand Cross of the Order of Infante Dom Henri
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1978 licencíase en Dereito pola Universidade de Navarra. Seguidamente diplómase en Dirección de Empresas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Deusto. Entre 1984 e 1988 traballou nun bufete de avogados, para pasar, en 1988, á Empresa Astilleros Españoles S. A., e de aí, en 1991, ao Instituto Nacional de Industria.

En 1996, tras a vitoria electoral do Partido Popular, nas eleccións xerais, o novo Ministro de Defensa Eduardo Serra Rexach, nomeouno Secretario de Estado de Defensa. Permaneceu no cargo toda a Lexislatura.

En 2000 é nomeado Secretario de Estado de Seguridade no Ministerio do Interior, e finalmente, entre 2002 e 2004 foi Secretario de Estado de Política Científica e Tecnolóxica no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

En 2011, tras a vitoria do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeado ministro de Defensa de España por Mariano Rajoy.[1]

NotasEditar

  1. "Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno" (PDF). BOE. 22 de decembro de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
Predecesor:
Juan Ramón García Secades
 
Secretario de Estado de Defensa de España

1996-2000
Sucesor:
Fernando Díez Moreno
Predecesor:
Ricardo Martí Fluxá
 
Secretario de Estado de Seguridade de España

2000-2002
Sucesor:
Ignacio Astarloa
Predecesor:
Ramón Marimón
 
Secretario de Estado de Política Científica
e Tecnolóxica de España

2002-2004
Sucesor:
Salvador Barberá
Predecesor:
Carme Chacón
 
Ministro de Defensa de España

2011-2016
Sucesor:
María Dolores de Cospedal