Pedro Martín Cermeño

Pedro Martín Cermeño y García de Paredes, nado en Melilla o 2 de marzo de 1722 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1790,[1] foi un arquitecto e enxeñeiro militar español, Gobernador Militar de Orán e Capitán Xeneral de Galicia.

Modelo:BiografíaPedro Martín Cermeño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1722 Editar o valor en Wikidata
Melilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 1790 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Capitán xeneral de Galicia
1778 – 1790
← Felix O'Neille (en) TraducirVentura Caro y Fontes → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, militar, enxeñeiro militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJuan Martín Cermeño Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5572810

Traxectoria

editar

Fillo do tamén enxeñeiro militar Juan Martín Cermeño e da melillesa Antonia de Paredes, casou con María del Carmen Cisneros de Castro e Ulloa, filla do I Conde de Ximonde, Juan Antonio Cisneros de Castro e irmá do II Conde, Pedro Cisneros de Castro e Ulloa.

Realizou os seus estudos na Real Academia Militar de Matemáticas e Fortificación de Barcelona, onde estaba destinado seu pai, chegando na súa carreira militar ó grao de Tenente Xeneral. Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Alcántara en 1755.

 
Fachada da Catedral Nova de Lleida.

No ano 1768 foi nomeado individuo de honra e mérito en arquitectura pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando e en 1770 consiliario da devandita Institución. En 1774 foi nomeado Gobernador de Orán e ocupou o cargo ata 1778, cargo que tamén ocupara anos atrás seu pai. Entre 1782[2] e 1783[3] como Teniente General e nomeado Comandante Xeneral de Galicia estando vacante o posto de Capitán Xeneral.

Entre 1784[4] e 1791[5] foi Capitán Xeneral do Reino de Galicia e Presidente da súa Real Audiencia. Finou na Coruña en 1790 a consecuencia da caída dun cabalo.[6]

Obra arquitectónica en Cataluña

editar

Trala conversión da catedral medieval de Lleida en cuartel en 1707, a Seu trasladouse a distintas igrexas ata que se decidiu a construción dunha Catedral Nova, baixo a advocación da Asunción da Nai de Deus (Mare de Déu), que Cermeño proxectou. A primeira pedra colocouse o 15 de abril de 1761 en presenza do bispo Manuel Macías Pedrejón. As obras foron levadas a termo por Francisco Sabatini.

Tamén construíu a Igrexa de San Miguel do Porto, na Barceloneta, barrio que proxectara seu pai.[7]

Traballou xunto ó seu pai nas obras do Castelo de Sant Ferran de Figueres, seguindo el só cando morreu aquel.[8]

Obra arquitectónica en Galicia

editar
 
Casas de Paredes.

Durante a súa estadía en Galicia interveu en diversas obras, entre as que se contan o proxecto de ordenación da Praza de Santa Susana en Santiago de Compostela, que non se chegou a realizar e o proxecto da fachada atlántica de Marineda, na Coruña, que se chamaron as Casas de Paredes, que non chegou a rematarse pero cuxa realización parcial deixou unha pegada relevante na cidade. A súa ambiciosa idea era crear unha fronte uniforme na Mariña, dende o Cantón Grande ata a Porta Real, deixando como lugar central a Casa da Aduana. A fonte de inspiración de Cermeño deberon ser os quais que no século XVIII engalanaron as fachadas marítimas e fluviais das cidades francesas como Bordeos ou Nantes.

Do seu matrimonio con María do Carme Cisneros tivo un fillo, Xacobe Cermeño Cisneros, que faleceu sen descendencia, deixando como herdeira a súa prima Xacoba Cisneros de Castro e Puga, III condesa de Ximonde.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar