Catedral Nova de Lleida
A Catedral Nova de Lleida foi construída entre os anos 1761 e 1781 grazas ás achegas do rei Carlos III, ás achegas económicas dos propios ilerdenses e tamén á do bispo Joaquín Sánchez. Chámase "Nova" porque xa había na cidade de Lleida outra catedral, coñecida como Seu Vella, do século XIII.
Catedral Nova de Lleida | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa e catedral católica ![]() | |||
Estilo | arquitectura barroca e arquitectura neoclásica ![]() | |||
Diocese | Diocese de Lérida (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Lleida | |||
Ámbito funcional territorial | Ponent | |||
Comarca | Segrià | |||
Concello | Lleida ![]() | |||
Enderezo | Plaça de la Catedral ![]() | |||
Altitude | 146 m ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1761 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1936 | incendio ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto | Pedro Martín-Paredes Cermeño ![]() | |||
Dedicado a | Santa María ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 9 de xuño de 1998 | |||
Identificador | RI-51-0010177 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Codi BCIN | 1957-MH ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0010177 ![]() | |||
Id. IPAC | 14289 ![]() | |||
Id. IPAPC | 181 ![]() | |||
[ Wikidata ] |

A Catedral Nova é de estilo barroco con gran tendencia ao clasicismo academicista francés. Está situada en pleno eixe comercial de Lleida e fronte ao antigo Hospital de Santa María.
As escalinatas que dan acceso ao interior dan a tres portas de ferro de medio punto e torres laterais. Estas escalinatas dan acceso á porta principal onde loce o escudo dos borbóns.
O interior presenta unha planta de tres naves; o coro, obra de Lluís Bonifaç i Massó, de estilo barroco, foi destruído durante a Guerra Civil.
Tamén se venera na Catedral á Virxe do Blau, que segundo conta a lenda, debe o seu nome do "blau" (en catalán morado ou mazadura) ao hematoma que lle deu o escultor ao lanzarlle un martelo que lle pegou na fronte, ao ver que durante unha das súas viaxes, un discípulo seu finalizara sen problemas a escultura, con máis facilidades ca el.
Galería de imaxes
editar-
Virxe do Blau
-
Vista interior
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral Nova de Lleida |