Seu Vella de Lleida
A Catedral de Santa María da Seu Vella é un monumento arquitectónico da cidade de Lleida, en Cataluña. Atópase no outeiro que leva o seu nome, dende onde poden divisarse a cidade, o río Segre e gran parte da chaira de Lleida. A Seu Vella forma parte dun conxunto monumental integrado tamén polo Castelo do Rei (ou La Suda) e a fortificación militar que os rodea. Os tres elementos están catalogados como Ben Cultural de Interese Nacional.
Seu Vella de Lleida | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Coordenadas | 41°37′04″N 0°37′36″L / 41.617777777778, 0.62666666666667Coordenadas: 41°37′04″N 0°37′36″L / 41.617777777778, 0.62666666666667 |
Estilo | arquitectura románica |
Páxina web | http://www.turoseuvella.cat/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4a/Seu_Vella_gotisch-romanische_Kathedrale_1286-1431_Festung_1707_Tur%C3%B3_de_la_Seu_Vella_Lleida_L%C3%A9rida_Spanien_Ost_Foto_2017_Wolfgang_Pehlemann_DSC06840.jpg/220px-Seu_Vella_gotisch-romanische_Kathedrale_1286-1431_Festung_1707_Tur%C3%B3_de_la_Seu_Vella_Lleida_L%C3%A9rida_Spanien_Ost_Foto_2017_Wolfgang_Pehlemann_DSC06840.jpg)
Descrición
editarA catedral está situada no centro histórico da cidade, e considérase unha obra románica, aínda que presenta elementos da arquitectura gótica e algúns detalles renacentistas. Destaca especialmente o traballo escultórico das portas da Anunciata, do Portal Major e da Porta dels Fillols, consideradas por parte da historiografía como unha mostra paradigmática da chamada Escola de Lleida. Encargada a Pere de Coma en 1193, a primeira pedra do templo foi instalada o 22 de xullo de 1203, quedando consagrado en 1278, aínda que a obra non se deu por acabada ata a construción do ciborio e a cubrición das naves en 1286. O conxunto tamén está dotado dun claustro, situado atipicamente aos pés do templo, que comezou a construírse no último terzo do século XIII e non se acabou ata finais do século seguinte. Foi entón cando procederon a finalizar o conxunto coa construción do campanario e a porta dos Apóstolos.
Galería de imaxes
editar-
Vista dende Cappont
-
Ábside central
-
Interior da Seu
-
Porta da Anunciata
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seu Vella de Lleida |