Pedro Chosco

personaxe mítico galego encargado de facer durmir os nenos

Pedro Chosco ou Pedro Chusco é un personaxe mítico galego. Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Ronda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar.

Vaite de aí, Pedro Chosco
non me tentes a criada,
nin ma vistes, nin ma calzas,
nin lle pagas a soldada.

Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir. En Dinamarca existe Ole Kolpoje, ou sexa Ole Pechaollos, análogo ó galego. En Inglaterra é Billy Winker, en Escocia Wee Willie Winkie.[1]

Coplas popularesEditar

Coplas publicadas por Lence-Santar en El Compostelano o 5 de novembro de 1938:

Pedro Chusco
vaite de aí.
Ti non me calzas,
ti non me vistes,
ti non me fas
os meus minesteres;
Pedro Chusco,
que me queres?
Con Pedro Chusco
teño un gran preito
cando me toma
logo me deito.
Ai, Pedro Chusco!
Vaite a deitar,
déixame os nenos
ó meu fiandar.!

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar