Peche patronal
O peche ou paro patronal, tamén coñecido polo seu nome inglés de lockout (literalmente "pechar e deixar fóra"), expresión utilizada en inglés para se referir ao apagado ou posta fóra de servizo dunha máquina) é unha medida de acción directa que consiste na paralización total ou parcial das actividades dun ou varios establecementos ou actividades económicas, por decisión do empresario ou patrón.[1] O peche patronal pode estar dirixido contra os traballadores, especialmente os sindicatos, para evadir as súas peticións laborais, ou contra o Estado, coa fin de forzalo a cambiar determinada política pública, ou como expresión de descontento contra determinado goberno.
A Organización Internacional do Traballo (OIT) definiu o lockout como "o peche total ou parcial dun ou máis lugares de traballo, ou a obstaculización da actividade normal dos empregados, por un ou máis empregadores coa intención de forzar ou resistir demandas ou expresar queixas, ou apoiar a outros empregadores nas súas demandas ou queixas".[2]
Historia
editarAo longo da historia, existiron algúns grandes peches patronais, como o gran peche patronal australiano de 1929-1930 na industria mineira, que constituíu o conflito laboral máis violento da historia de Australia; o lockout dos camioneiros en Chile, iniciado o 9 de outubro de 1972 que se espallou a outros sectores e foi decisivo para desencadear o golpe de estado que derrocou ao presidente Salvador Allende ao ano seguinte; o lockout dos produtores agropecuarios na Arxentina declarado a finais de 1975, que debilitou ao goberno da presidenta María Estela Martínez de Perón.[3]
Máis recentemente producíronse peches patronais no Uruguai, durante 2006, no que os transportistas reclamaron contra a política implementada polo presidente Tabaré Vázquez, e na Arxentina, en 2008, onde os produtores rurais cuestionaron os impostos e outros aspectos da política agrogandeira.
Nos Estados Unidos e o Canadá, houbo peches patronais en deportes profesionais. Por exemplo, a Major League Baseball (MLB) tivo un peche patronal no ano 1990, e houbo peches patronais na National Basketball Association (NBA) nos anos 1995, 1998–99, e 2011. A National Hockey League (NHL) tivo un peche patronal na tempada 2004–05 na que cancelou a tempada na súa totalidade.
Regulación por países
editarUnión Europea
editarNa maioría dos países europeos, esta práctica está prohibida, agás en caso de forza maior que resulte da imposibilidade material de garantir a continuidade do traballo.
España
editarSuscítanse certas dúbidas sobre o recoñecemento constitucional desta figura no Dereito español. Na Sección 2ª, do Capítulo II, do Título I da Constitución española, concretamente no art. 37.2., recoñécese o dereito dos traballadores e empresarios a adoptar medidas de conflito colectivo. Ao dicir o texto constitucional, "recoñécese o dereito a adoptar medidas", está a recoñecerse o dereito a realizar accións dentro dos límites legais, coa finalidade de preservar os bens xurídicos intactos. Polo tanto, poódese entender que o peche patronal ten un apoio constitucional e está lexitimado. Ademais unha maioría doutrinal e a xurisprudencia apoian ao seu recoñecemento constitucional polo art. 37.2 CE.
Pódese definir como unha medida de conflito colectivo de traballo adoptada polo empresario (xa sexa persoa física ou xurídica) mediante o cesamento temporal da actividade da empresa ou centro de traballo como instrumento de defensa dos seus intereses no ámbito das relacións de traballo, sempre que dita medida sexa adoptada co único fin de asegura-la integridade das persoas e os bens na esfera daquela actividade e se cumpran, ao mesmo tempo, os requisitos establecidos para o seu exercicio.[4]
Polo tanto, ao analizar a procedencia do peche patronal, vese que non se atopa entre os dereitos fundamentais, senón na Sección II (Dos dereitos e deberes dos cidadáns), do Cap. II, do Título I, polo que a consecuencia é que non se atopa aos mesmos niveis de protección có dereito de folga.
A sentenza do Tribunal Constitucional (STC) do 8 de abril de 1981 admite que o peche patronal admintivo é o peche patronal defensivo, como reacción fronte á folga, pero non fronte a calquera tipo de folga, senón á folga que se produce en determinadas circunstancias.
En España, os empresarios poderán proceder ao peche do centro de traballo, segundo o art. 12.1 do Real Decreto-Lei 17/1977, de 4 de marzo, cando concorran algunha das circunstancias seguintes:
STS 14 de xaneiro de 2000 (Ar. 977) e STS 17 de xaneiro de 2000 (Ar. 1429).
1) Existencia de notorio perigo de violencia para as persoas ou de danos graves para as cousas. Corresponde ao empresario a proba da autenticidade da existencia do notorio perigo de violencia ou dano, sen que poidan valer meras sospeitas, xa que, normalmente, as folgas non son violentas, aínda que os ánimos poden chegar a encresparse en moitos momentos do conflito.
Só pode ser estimado lícito cando os perigos sexan realmente certos e graves, e cando contra eles non poida actuar o empregador só ou axudado por outros mecanismos legais, para evitar a violencia contra as persoas ou os danos contra as cousas. Consiste, como entende o Tribunal Supremo, de velar “pola seguridade da integridade física das persoas e pola salvaguardia dos bens materiais”.
STS 14 de xaneiro de 2000 (Ar. 977) e STS 17 de xaneiro de 2000 (Ar. 1429).
2) Ocupación ilegal do centro de traballo ou de calquera das súas dependencias, ou perigo certo de que esta se produza. A permanencia dos folguistas no centro de traballo ou en calquera das súas dependencias está prohibida, aínda que non exista, ánimo de chegar a cometer condutas delituosas por parte dos traballadores. Con todo, esta regulación debe ser obxecto dunha interpretación restritiva. Por ocupación hai que entender un ilegal ingreso nos locais ou unha ilegal negativa de desaloxo fronte a unha lexítima orde de abandono, pero non en cambio a simple permanencia nos postos de traballo.
Por esta razón, fóra dos casos en que é unha decisión aconsellada pola preservación da orde, a interdición da ocupación de locais non atopa unha clara xustificación. Dito doutro xeito, só será ilegal este peche cando impida a modalidade de folga licitamente elixida ou o exercicio doutro dereito como o de reunión.
3) Se o volume da inasistencia ou irregularidades do traballo impiden gravemente o proceso normal de produción. Esta causa ha de ser interpretada restrictivamente xa que pode ser unha vía pola cal se proceda ao peche non só ante folgas ilegais, senón fronte a folgas que sen incidir sobre a totalidade do persoal da empresa, e sendo legais, inciden no proceso normal de produción.
Por esta razón, a anormalidad ha de ser suficientemente grave e impeditiva do traballo da totalidade dos traballadores (STS 31 de marzo de 2000, Ar. 7403). Agora ben, mesmo neste sentido requírese unha interpretación restritiva, de xeito que non cabe acudir ao peche por esta causa cando coa devandita medida se baleire de contido ou se impida o dereito de folga, ou mesmo o dereito ao traballo dos non folguistas.
Francia
editarEn Francia, o peche patronal non está expresamente contemplado nin regulamentado na lei, mais foi recoñecido como dereito pola xurisprudencia, en tanto e en canto non sexa utilizado para descoñecer a liberdade sindical dos traballadores, ou impor condicións ilegais.
Fóra da Unión Europea
editarSuíza
editarEn Suíza, a Constitución Federal, no seu artigo 28 parágrafo 3, establece que "as folgas e os peches patronais son legais cando se relacionan coas relacións laborais e cumpren coas obrigas de preservar a paz no trabllo ou recorrer á conciliación".[5]
Notas
editar- ↑ Grisolía, Julio Armando (2001). Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social. Buenos Aires: Depalma. p. 923.
- ↑ "A lockout is a total or partial temporary closure of one or more places of employment, or the hindering of the normal work activities of employees, by one or more employers with a view to enforcing or resisting demands or expressing grievances, or supporting other employers in their demands or grievances". OIT, Resolution concerning statistics of strikes, lockouts and other action due to labour disputes, adoptada por la Décimo quinta Conferencia Internacional de Estadísticas Laborales, enero de 1993.
- ↑ "Cronología: la protesta agraria en nuestra historia". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 1 de junio de 2012.
- ↑ Martínez Abascal, Vicente-Antonio; Herrero Martín, José Bernardo (2012). Curso de Derecho del Trabajo. Madrid: Tecnos. p. 889. ISBN 978-84-309-5591-6.
- ↑ "Constitution fédérale de la Confédération suisse". admin.ch (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19-10-2013. Consultado o 30-4-2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Palomeque López, Manuel Carlos; Álvarez de la Rosa, Manuel (2003). Derecho del Trabajo (en castelán). Madrid: Ed. Centro de Estudios Ramón Areces. ISBN 84-8004-588-4.