Pazo de Vaamonde

construción civil en Santiago de Compostela
(Redirección desde «Pazo de Baamonde»)

A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago.

Casa-pazo de Vaamonde
Casa-pazo de Vaamonde
Edificio
TipoCasa palaciana urbana
Estilobarroco galego
EnderezoRúa do Vilar, 59
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′41″N 8°32′42″O / 42.87805556, -8.54488889Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′42″O / 42.87805556, -8.54488889
Construción
Construciónséculo XVIII
Remateséculo XVIII
Dimensións
Pisosbaixo e dous andares
Equipo
Arquitecto(s)Francisco Asorey
editar datos en Wikidata ]

Localización editar

A casa áchase na zona vella de Santiago de Compostela, no cantón entre a rúa do Vilar número 59 e a calella de Entrerrúas, a máis estreita da vila.

Descrición editar

O edificio foi ergueito no século XVIII e curiosamente sobresae do aliñamento das casas acaroadas da rúa. Está formado pola planta terrea, con soportais de arcos de volta perfecta e dous andares, o segundo con balcón. Na fachada do primeiro andar, entre as fiestras salienta un grande escudo. Tamén é de salientar o petador da porta, obra do escultor Francisco Asorey, e tamén a rechamadeira cristaleira da porta interior[1]. No interior atópase unha escaleira principal cunha escultura en madeira realizada polo escultor J. Rivas o 25 de xullo de 1932. Subindo para da escaleira principal hai unha escaleira de servizo máis sinxela e estreita.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar