Pazo da Mercé

pazo en Camiño da Mercé, Neda
(Redirección desde «Pazo da Merced»)

O pazo da Mercé é unha construción civil do século XVIII situada no lugar de Camiño da Mercé (Santa María de Neda, Neda).

Pazo da Mercé
ConcelloNeda
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°29′34″N 8°09′45″O / 43.49288, -8.16253Coordenadas: 43°29′34″N 8°09′45″O / 43.49288, -8.16253
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(barroco)
Estilo actual(século XVIII)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As primeiras edificacións que se levantan nos terreos do actual pazo datan de finais do século XVI. Tratábase dun conxunto de varias construcións con dous edificios situados en L, dos cales só se conserva un.

En 1700 chegou de Matute (A Rioxa) o comerciante Francisco Antonio Somalo, irmán do párroco de Neda, para abrir un negocio entre o Camiño Real e o río Grande de Xuvia. A fábrica de curtidos da Florida construíuse nuns pavillóns de carácter industrial anexos á vivenda. Desa época é tamén unha pequena capela de estilo barroco en honra á Virxe da Mercé.

A comezos do século XIX po pazo pasou a mans de Juan Adam Pensel, mineralista de orixe alemá casado cunha descendente do fundador. Tras morrer sen descendencia o establecemento pasou a ser dirixido por Tomás Cebreiro, mais a propiedade foi da dirección do establecemento, cuxa reclamada ante o Rei por dous fillos que tivera o sacerdote irmán do fundador. Trala morte destes a fábrica volveu á familia Cebreiro.

Na década de 1870 a fábrica entrou en crise, ao igual ca outras moitas da comarca, e o pazo da Mercé pasou a funcionar como convento franciscano. Xa no século XX pasou a mans do médico Francisco Cebreiro Barros.

En maio de 1978 o arquitecto Alfredo Alcalá Navarro mercou e restaurou o edificio para convertelo en 1991, na primeira casa de turismo rural da provincia da Coruña.

Dende 2018 o pazo ten servizo de recarga de vehículos eléctricos.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar