Francisco Cebreiro Barros

médico e político galego

Francisco Cebreiro Barros, nado en Ferrol o 27 de outubro de 1897 e finado en Neda o 29 de xullo de 1977,[1] foi un médico e político galego.

Francisco Cebreiro Barros
Nacemento27 de outubro de 1897
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento29 de xuño de 1977
Lugar de falecementoNeda
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1923. Médico de Neda, onde era coñecido como o "médico dos pobres" e como "Don Paco da Merced" pois residía no Pazo da Merced. Na República foi elixido concelleiro de Neda en 1931 e pertenceu a directiva de Izquierda Republicana de Neda. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado uns meses no castelo de San Felipe. Nos anos corenta curou a varios guerrilleiros antifranquistas feridos e facilitoulles medicamentos, tamén os aloxou no pazo e chegou a impartirlles cursos de primeiros auxilios. Foi detido por iso. Foi alcalde de Neda no franquismo.

Na súa homenaxe adicóuselle unha rúa en Neda, que deu nome ao lugar de Médico Cebreiro.


Predecesor:
'
  
Alcalde de Neda
 
-
Sucesor:
'


NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 6-3-1986, p. 24.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar