Pavillón alemán de Barcelona

Ben de Interese Cultural

O Pavillón alemán de Barcelona foi deseñado por Ludwig Mies van der Rohe e Lilly Reich como pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional de Barcelona, celebrada en Montjuïc. Construído con vidro, aceiro e distintos tipos de mármore, trátase dunha obra simbólica do Movemento Moderno, considerada por moitos críticos como unha das catro pezas fundamentais deste movemento, xunto co edificio da Bauhaus de Walter Gropius, a vila Savoye de Le Corbusier e a Casa da Fervenza de Frank Lloyd Wright. Concibiuse para albergar a recepción oficial presidida polo rei Afonso XIII xunto ás autoridades alemás.

Pavillón alemán
Pavelló alemany
Vista do pavillón, reconstruído nos anos 80
Edificio
EstiloMovemento Moderno
EnderezoPraza de Carles Buïgas
LocalizaciónBarcelona, Cataluña Cataluña España España
Coordenadas41°22′14″N 2°09′00″L / 41.370555555556, 2.15Coordenadas: 41°22′14″N 2°09′00″L / 41.370555555556, 2.15
Uso(s)Cerimonial
Construción
Inicio1928
Construción1929
Demolición1930 (reconstruído no 1986)
Dimensións
Superficie1050 metros cadrados
Equipo
Arquitecto(s)Ludwig Mies van der Rohe e Lilly Reich
editar datos en Wikidata ]

O pavillón foi desmantelado trala exposición en 1930, e en 1986, Oriol Bohigas impulsou a iniciativa de reconstruílo na súa localización orixinal, en Montjuïc, onde permanece aberto ó público.[1]

Fundación Mies van der Rohe editar

É unha entidade pública sen ánimo de lucro, que xurdiu co propósito de reconstruír o vello pavillón na década de 1980. Ten como obxectivo afondar o debate sobre a arquitectura e o urbanismo moderno e contemporáneo, crear un arquivo documental sobre Mies van der Rohe e promover o estudo do arquitecto.

A Unión Europea concede os Premios Mies van de Rohe de Arquitectura Contemporánea, en conxunto coa Fundación. Teñen carácter bienal e o seu principal propósito e recoñecer e recompensar a calidade da produción arquitectónica en Europa.[2]

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar