Pavel Nakhimov
Pavel Stepanovich Nakhimov nado na vila de Gorodok, Vyazma o 5 de xullo de 1802 e finado en Sebastopol o 12 de xullo de 1855, foi un almirante ruso, un dos máis recoñecidos na Mariña imperial de Rusia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
En 1815 Nakhimov entrou na Academia Naval de San Petersburgo para a nobreza, e en 1817 fixo a súa primeira viaxe ao mar a bordo da fragata "Feniks", navegando a costa de Dinamarca e Suecia.
El foi o comandante das forzas navais e terrestres de Rusia na Sitio de Sebastopol, durante a Guerra de Crimea (1853–1856). O 30 de novembro de 1853, Nakhimov derrotou as tropas otomás navais na Batalla de Sinope.
Morreu o 12 de xullo de 1855, despois de ser ferido por un francotirador dous días antes.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavel Nakhimov |