Paulo II Pedro al-Mauxi

patriarca de Antioquía e todo Levante dos maronitas

‏ ‎

Paulo II Pedro al-Mauxi
Paul Pierre Méouchi.jpg
Patriarca da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento1 de abril de 1894 en Xasin, distrito de Xasin, Gobernación do Líbano Meridional, Líbano
Pasamento11 de xaneiro de 1975
Ordes
Ordenación sacerdotal7 de decembro de 1917
Consagración episcopal8 de decembro de 1934, por Antón I Pedro Arida
Creado cardeal22 de febreiro de 1965, por Paulo VI
Elixido patriarca25 de maio de 1955
Patriarca de Antioquía dos Maronitas
Cardeal-Bispo de Antioquía dos Maronitas
1955 - 1975
PredecesorAntón I Pedro Arida
SucesorAntón II Pedro Khuraix
Cargos anterioresBispo de Tiro (1934 - 1955)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Paulo II Pedro al-Mauxi[1] (en árabe: بولس بطرس المعوشي, Bulus Butrus al-Mauxi), nado en Xasin (Líbano) o 1 de abril de 1894 e finado o 11 de xaneiro de 1975, foi o 74º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 25 de maio de 1955 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Foi tamén cardeal da Igrexa Católica dende 1965.

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Naceu en Xasin (entón no mutasarrifato do Monte Líbano, hoxe na gobernación do Líbano Meridional, no Líbano) o 1 de abril de 1894.[2] Estudou na escola dos alepianos de Dair‎‎ al-Qamar e posteriormente na escola Al-Hikma de Beirut, e posteriormente estudou Teoloxía e Filosofía na Pontificia Universidade Gregoriana en Roma. Foi ordenado sacerdote en 1917 en Roma, onde permaneceu até a súa volta ao Líbano en 1919. En 1920 o patriarca Elías Pedro Huayik enviouno xunto co bispo Xukrala Khuri aos Estados Unidos como visitador patriarcal, e até 1934 exerceu o seu ministerio en varias parroquias maronitas dos Estados Unidos de América.[3]

Episcopado e elección patriarcalEditar

En 1934 foi elixido bispo de Tiro.[3] En 1955 foi nomeado patriarca de Antioquía e todo o Levante por decreto do papa Pío XII, sendo a primeira vez en que o patriarca maronita era directamente elixido por un papa.[3]

PatriarcadoEditar

Como patriarca, participou nos traballos do Concilio Vaticano Segundo entre 1963 e 1965, onde tivo un papel significativo na defensa da xurisdición patriarcal sobre os fieis na diáspora, fóra do territorio patriarcal. Antes da conclusión do concilio, o 22 de febreiro de 1965 foi creado cardeal polo papa Paulo VI.[3]

Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[4]

NotasEditar

  1. Tamén escrito adaptado ao francés: Pierre-Paul Méouchi, Paul Pierre Méouchi.
  2. The Catholic Directory, Ecclesiastical Register and Almanac (en inglés). Burns and Oates. 1968. p. 23. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Heravi, Mehdi, ed. (1973). Concise encyclopedia of the Middle East. Public Affairs Press. p. 201. 
  4. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Code, Joseph Bernard (1964). Dictionary of the American Hierarchy (1789-1964). Nova York: Joseph F. Wagner. pp. 200–201. 
  • Irani, George Emile (2006). Domenico, Roy P.; Hanley, Mark Y., ed. Encyclopedia of Modern Christian Politics. Greenwood Publishing Group. pp. 370–371. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Xukrala al-Khuri
 Bispo de Tiro 
1934 - 1955
Sucesor:
Michel Doumith

Predecesor:
Antón I Pedro Arida
 Patriarca de Antioquía e todo o Levante 
1955 - 1075
Sucesor:
Antón II Pedro Khuraix