Elías Pedro Huayik

Elías Pedro Huayik[1] (en árabe: إلياس بطرس الحويك, Ilias Butrus al-Huwayik), nado en Halta (Líbano) o 4 de decembro de 1843 e finado o 24 de decembro de 1931, foi o 72º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 6 de xaneiro de 1899 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.

Elías Pedro Huayik
Elie Hoyek 1899.jpg
Patriarca da Igrexa Católica Maronita
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1843 en Halta, distrito de Batrun, Gobernación do Líbano Setentrional, Líbano
Pasamento24 de decembro de 1931
Ordes
Ordenación sacerdotal1870
Consagración episcopal14 de decembro de 1889, por Paulo I Pedro Masad
Elixido patriarca6 de xaneiro de 1899
Patriarca de Antioquía dos Maronitas
1899 - 1931
PredecesorXoán XII Pedro al-Hax‎
SucesorAntón I Pedro Arida
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Ilias Huayik naceu en Halta, no distrito de Batrun, o 4 de decembro de 1843.[2] Foi o maior de sete irmáns, 3 homes e 4 mulleres: Sadala, Liun, Mubarki, Nura, Marina e Mahmoubi, quen sería superior xeral do convento de San Xoán de Hiraxi, no distrito de Kisruan.[2]

Manifestou interese por estudar, e os seus pais enviárono á escola de San Xoán Marón en Kfar Hai en 1851, e onde estivo até 1859.[2]

Estudou no seminario de San Marón e foi ordenado sacerdote en 1870.

BispoEditar

Foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Antioquía e todo o Levante e arcebispo auxiliar de Arca in Armenia, e recibiu a consagración episcopal o 14 de decembro de 1889, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.

O 6 de xaneiro de 1899 Huayik foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1931.

NotasEditar

  1. Tamén romanizado como Hoyek, Hoayek, Huwayek.
  2. 2,0 2,1 2,2 Zoghbi, Marie-Roger (1991). Une gloire du Liban: le patriarche Elias Hoyek (en francés). Araya, Líbano: Imprimerie catholique. p. 41. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Zoghbi, Marie-Roger (1991). Une gloire du Liban: le patriarche Elias Hoyek. Araya, Líbano: Imprimerie catholique.