Xoán XII Pedro al-Hax
Xoán XII Pedro al-Hax (en árabe: يوحنا بطرس الحاج, Yuwhana Butrus al Hax), nado no distrito de Kisruan (Líbano) o 1 de novembro de 1817 e finado o 24 de decembro de 1898, foi o 71º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 28 de abril de 1890 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Xoán XII Pedro al-Hax | |
---|---|
![]() | |
Patriarca da Igrexa Católica Maronita | |
Biografía | |
Nacemento | 1 de novembro de 1817 en Distrito de Kisruan, Gobernación do Monte Líbano, Líbano |
Pasamento | 24 de decembro de 1898 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de decembro de 1839 |
Consagración episcopal | 15 de agosto de 1861, por Paulo I Pedro Masad |
Elixido patriarca | 28 de abril de 1890 |
Patriarca de Antioquía dos Maronitas | |
1890 - 1898 | |
Predecesor | Paulo I Pedro Masad |
Sucesor | Elías Pedro Huayik |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Xoán al-Hax naceu en Dlibta, no distrito de Kisruan, o 1 de novembro de 1817, fillo do párroco da aldea. Estudou no seminario de Ain Warqah e foi ordenado sacerdote o 26 de decembro de 1839.
Foi elixido bispo de Balbik, e recibiu a consagración episcopal o 15 de agosto de 1861, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.
Logo do pasamento de Masad, o 28 de abril de 1890 al-Hax foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1898.
NotasEditar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Antun al-Khasin |
Bispo de Balbik 1861 - 1890 |
Sucesor: Yuhana Murad |
Predecesor: Paulo I Pedro Masad |
Patriarca de Antioquía e todo o Levante 1890 - 1898 |
Sucesor: Elías Pedro Huayik |