Pauleta Pàmies i Serra

bailarina e coreógrafa catalá

Paula Catalina Carmen Pàmies i Serra, nada en Barcelona o 10 de abril de 1851 e finada na mesma cidade o 31 de marzo de 1937, máis coñecida como Pauleta Pàmies, foi unha bailarina clásica e española.

Infotaula de personaPauleta Pàmies i Serra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1851 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1937 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncoreógrafa , bailarina Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGran Teatre del Liceu (en) Traducir
Teatro Principal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era filla de Josep Pamias i Anguera, barbeiro natural de Reus, e de Joana Serra i Bordas, nada en Barcelona. Foi directora da Compañía de Danza do Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Tamén foi profesora de danza durante setenta anos, entre outros, no Liceu e na escola de danza que fundou en Barcelona coa bailarina rusa Sacha Goudine. Formou bailarinas como Rosita Segovia, Teresina Boronat, Trini Borrull, Carmita García e María de Ávila, entre outras moitas, e tamén a bailarina e profesora de castañola Emma Maleras.[1][2]

En Barcelona era moi coñecida por ser profesora de danza no Liceu. Tiña alumnas da alta sociedade, mozas levadas polas súas familias para adquiriren unha postura elegante e estilizaren o seu corpo, e tamén outras de orixe humilde, algunhas das cales podían pasar despois á Compañía de Danza do Liceu. Algúns barceloneses tamén a lembraban como intermediaria para poñer en contacto as mozas cos seus admiradores. Parece que algunhas mesmo podían recibir un agasallo dun abonado a cambio dun sorriso persoal dende o escenario.[3]

Menos coñecido é o seu traballo como coreógrafa. Pauleta Pàmies coreografiou numerosos espectáculos de danza no Liceu, comezando en 1917 con El corregidor y la molinera, con música de Manuel de Falla, e ópera, como Le nozze di Figaro, dirixida por Eugène Szenkar en 1935. Tamén fixo, por exemplo, as coreografías do filme El sino manda (1917), drama social dirixido por Fructuós Gelabert i Badiella; e La viola d'or , de Apel·les Mestres (1914), fábula poética estreada no festival do Teatre de la Naturalesa, organizado por artistas e intelectuais modernistas.

Bailarina profesional editar

Pauleta Pàmies entrou no Liceu como bailarina profesional en 1864 e en 1880 converteuse en primeira bailarina. Tamén bailou noutros teatros da cidade, como o Teatre Principal, onde foi primeira bailarina de 1871 a 1873. Aos 42 anos decidiu retirarse dos escenarios para dedicarse exclusivamente á coreografía, dirección e formación de danza.

Colaborou co etnólogo Aureli Capmany no seu labor en relación coa danza, os bailes e os espectáculos populares e tradicionais, especialmente a composición e dirección da danza e a técnica.[4]

Notas editar

  1. "Pauleta Pàmies i Serra". Enciclopèdia.cat (en catalán). Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "Pauleta Pàmies - Bailaores/as". El Arte de Vivir el Flamenco (en castelán). 
  3. Cambó, Francesc (1982). Meditacions: dietari (en catalán) I. Alpha. ISBN 9788472252080. 
  4. "Biografia d'Aureli Capmany i Farrés". Centre de Recursos per a l'Aprenentatge i la Investigació (CRAI) - Universitat Rovira i Virgili (en catalán).