Paula Ginzo

baloncestista española

Paula Ginzo Arantes, nada en Santoña o 16 de febreiro de 1998, é unha xogadora de baloncesto galega, que xoga na posición de pívote no Club Baloncesto Jairis, da Liga Feminina. É internacional coa selección española, coa que participou en dous Campionatos de Europa (conseguindo unha prata en 2023) e nos Xogos Olímpicos de 2024.

Infotaula de personaPaula Ginzo
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1998 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Santoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2013-2016 Segle XXI (en) Traducir 51(375)
2016-2017 Rivas Ecópolis (en) Traducir 22(279)
2017-2018 Club Baloncesto Estudiantes (feminino) 25(201)
2018-2020 Club Baloncesto Al-Qázeres (en) Traducir 42(379)
2020-2022 Gernika KESB (en) Traducir 72(420)
2022-2023 Ensino Lugo CB 26(306)
2023-2024 CB Santfeliuenc (en) Traducir 23(270)
2024-2024 Valencia Basket (en) Traducir 7(37)
2024- CB Jairis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç=
2018-   Seleção Espanhola de Basquetebol Feminino (pt) Traducir 35(156) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 2023EuroBasket Women 2023 (en) Traducir (2ª) (medalla de prata)
2021FIBA Women's EuroBasket 2021 (en) Traducir (7ª) Editar o valor em Wikidata

Twitter: Pauginzo Instagram: pauginzo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nacida circunstancialmente en Santoña, a onde se desprazara súa nai por motivos laborais,[1] criouse en Ourense, onde comezou a practicar varios deportes como tenis, natación e fútbol.[1] Aínda que seu pai era adestrador de tenis, foi convencida polo seu entorno para que practicase baloncesto, xa que era alta e seu irmán xogaba no club dos Salesianos.[1]

Comezou a xogar na posición de ala nos propios Salesianos, ata que o equipo se desfixo e pasou ao Carmelitas Vedruna.[2][3] Con 14 anos medía xa preto de 1,90 metros e destacaba no equipo ourensán e nas categorías inferiores da selección galega, cando ingresou no centro formativo Segle XX de Esplugues de Llobregat, no que permaneceu catro anos.[4] No seu primeiro ano como xuvenil, xogaba xa de xeito habitual co primeiro equipo na LF2 e na seguinte campaña (2015/16) obtivo unha media de 9,5 puntos e 7,7 rebotes por partido.

En xuño de 2016, rematada a súa etapa como xuvenil, comprometeuse co UCAM Jairis de Alcantarilla, tamén da LF2, pero só uns días despois o club foi descendido administrativamente,[5] fichando entón Paula polo Rivas Ecópolis, onde completou un gran ano.[3][6]

Para a tempada 2017/18 fichou polo Estudiantes, co que debutou na Liga Feminina.[6] Posteriormente xogou dúas campañas no Al-Qázeres (2017-19) e outras dúas no Gernika (2020-22). En maio de 2022 anunciouse o seu regreso a Galicia como nova xogadora do Ensino Lugo. Co equipo de Antonio Pernas gañou a Copa Galicia, tras derrotar na final ao BAXI Ferrol.[7]

En 2023 recibiu unha oferta do Barça Santfeliuenc, tamén da máxima categoría. En abril de 2024, despois de lograr a permanencia co club catalán, este permitiulle deixar o equipo para que puidese disputar a parte final da tempada co Valencia Basket, ocupando o lugar da tamén galega Raquel Carrera, que sufriu unha lesión de longa duración.[8] Co equipo valenciano disputou a derradeira xornada de liga e tamén os play-offs polo título, nos que se acabou proclamando campioa.[9]

Selección española

editar

Internacional coa selección española dende as categorías inferiores, gañou un Campionato de Europa sub-16 (2013), un sub-18 (2015) e dous sub-20 (2017, 2018).

En novembro de 2018 debutou coa selección española absoluta, da man do seleccionador Lucas Mondelo, nun partido de clasificación para o Europeo contra os Países Baixos en Ámsterdam.[10][11] En 2021 disputou o seu primeiro Campionato de Europa e dous anos despois o segundo, no que conseguiu a prata tras perder a final diante de Bélxica.[12] En 2024 foi unha das 12 xogadoras seleccionadas polo vigués Miguel Méndez para os Xogos Olímpicos de París.[13]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Paula Ginzo: «En la absoluta van a otro ritmo»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de novembro de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  2. Rodríguez, Maite (2 de xullo de 2012). "Ginzo y Valiño despuntaron en Carmelitas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Uno de los futuros nacionales. La joven Paula Ginzo, del LF2 de Rivas, en la Gigantes Junior de este mes" (en castelán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  4. "La internacional U-18 Paula Ginzo, primer refuerzo del UCAM Jairis". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 20 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  5. "Paula Ginzo, una pívot internacional para el Hozono Jairis" (en castelán). 4 de xuño de 2024. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  6. 6,0 6,1 "Paula Ginzo, primer fichaje de Movistar Estudiantes para la LF1". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 15 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  7. "El Ensino se proclamó campeón de la Copa Galicia al vencer al Baxi Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de outubro de 2023. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  8. "Paula Ginzo, del Barça CBS al València" (en castelán). 19 de abril de 2024. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  9. "El Valencia Basket vuelve a ganar la Liga Femenina con autoridad". As (en castelán). 12 de maio de 2024. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  10. González, Raquel (21 de novembro de 2018). "La debutante Paula Ginzo: "Esta Selección es una pasada"". As (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  11. "Debut de Paula Ginzo y billete para el Europeo". Faro de Vigo (en castelán). 18 de novembro de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  12. "Las ourensanas Paula Ginzo y Raquel Carrera, medalla de plata en el Eurobasket al perder la final" (en castelán). 25 de xuño de 2023. Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  13. "Las 12 jugadoras que lucharán por el sueño olímpico en París 2024" (en castelán). 9 de xullo de 2024. Consultado o 25 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar