Porta XI Ensino CB

O Porta XI Ensino, coñecido por motivos de patrocinio como Durán Maquinaria Ensino, é un equipo de baloncesto profesional feminino da cidade de Lugo (Galiza). Fundado en 1980, actualmente compite na Liga Feminina de Baloncesto (Liga Endesa), máxima categoría do baloncesto feminino español, e na Eurocup. O Ensino chegou por vez primeira á Primeira División no ano 1995, chegando en catro ocasións ás semifinais polo título de liga e sendo dúas veces subcampioas da Copa da Raíña. Tamén conseguiron dous títulos da Copa Galicia. O Ensino xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes, recinto con capacidade para 6.000 espectadores.

Durán Maquinaria Ensino
Información xeral
Nome Porta XI Ensino Club Baloncesto
Liga Liga Endesa / Eurocup
Fundación 1980
Historia Club Deportivo Ensino (1980−2005)
Cores                Vermello, negro, branco
Presidente Manuel Durán
Adestrador Miguel Ángel Ortega
Patrocinador Durán Maquinaria
Vestimenta Wibo
Localización
Cidade Galicia Lugo, Galiza
Pavillón Pazo dos Deportes
Capacidade 6.000
Inauguración 12 de setembro de 1992
Campionatos
LF 2 1 (2018)
Copa Galicia 3 (2006, 2018, 2019)
ensinolugo.com

Historia

editar

O Club Deportivo Ensino naceu no seo da Asociación de Pais do Colexio da Compañía de María de Lugo en 1980. Con anterioridade, os seus equipos recibían o nome do Colexio, mais a partir desta data o club pasa a denominarse Club Deportivo Ensino. Na súa primeira temporada após a súa fundación, o equipo competiu na Segunda División Nacional cun equipo formado case na súa totalidade por xogadoras formadas na canteira do club. Alén diso, contaba con equipos en todas as categoría de formación. O club lucense permaneceu na categoría até a temporada 1986−87, na que, grazas ao segundo posto logrado na clasificación, conseguiu o ascenso á Primeira División "B".[1] Nesta categoría permanecen durante tres temporadas, desde a 1987−88 até a 1989−90, ano no que descenden de categoría.

A temporada 1990−91 comeza co club de volta na Segunda División, mais esta vez conseguen regresar á Primeira "B" en tan só un ano. Tras catro temporadas nesta división, o club consegue na temporada 1994−95 por primeira vez o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, a Liga Feminina, após a súa vitoria na fase de ascenso celebrada na Seu d'Urgell. Presidía o club Pilar Linares, sendo o seu adestrador Manel Sánchez. Foi precisamente baixo a presidencia de Pilar Linares Santamarina cando o club comeza a aspirar a outras metas, tentando facer un equipo competitivo que sexa quen de lograr algún título da máxima categoría.[1]

Os resultados non tardaron en chegar da man de Juan Corral como adestrador. Na temporada 1998−99, o Ensino Universidade consegue finalizar a liga regular en primeiro posto, mais finalmente perden nas semifinais polo título ante o Halcón Viajes de Salamanca. O equipo chega ás semifinais de novo nas seguintes dúas temporadas da man de xogadoras como Catarina Pollini, Concepción Delgado, Silvia Crawley, Belén García, Begoña García Piñero, Ingrida Jonkute, Isabel Sánchez, Raquel Álvarez, Regina Gómez, Arantxa Novo ou Maiga Hamchetou. Alén dos bos resultados en liga, o equipo consegue ser dúas veces finalista da Copa da Raíña (1998 e 2002).

Tras dez temporadas consecutivas na máxima categoría, no ano 2005 e coincidindo co vinte e cinco aniversario da súa fundación, o club pasa por unha profunda renovación que levou consigo a mudanza do nome do club, que pasou a chamarse Porta XI Ensino (en referencia ás portas da Muralla de Lugo). Con todo, na seguinte temporada, o equipo na seguinte temporada o equipo finaliza no décimo cuarto lugar da Liga, descendendo tras once anos á Liga Femenina 2. Despois de once temporadas e cinco tentativas de ascenso nos play-offs, o equipo consegue regresar á elite na temporada 2017−18. Nesta campaña, o equipo ocupaba na xornada 11 o noveno posto do Grupo A cun balance de 5 vitorias por 6 derrotas. Con todo, a chegada o club de Claudia Calvelo, Margaret Roundtree, Arantxa Novo e Brittany Miller, levan ao Ensino a gañar 15 partidos de forma consecutiva en Liga Regular, que lle outorgaban o segundo posto. Na fase de ascenso en Valencia, o Ensino gaña os seus catro partidos (para un total de 19 vitorias consecutivas), conseguindo así o seu regreso á Liga Endesa.[2]

 
Vista frontal do Pazo dos Deportes.

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • CD Ensino (1980−1993)
  • Fonxesta Ensino (1994–1997)
  • Ensino Universidade (1998–1999)
  • Ensino Yaya María (1999–2001)
  • Yaya María Breogán (2001–2005)
  • Yaya María Porta XI (2005–2006)
  • Durán Maquinaria Ensino (2007–presente)

Pavillón

editar
Artigo principal: Pazo dos Deportes de Lugo.

O Ensino xoga os seus encontros como local no Pazo dos Deportes, un pavillón inaugurado en 1992, con capacidade para 6.500 espectadores.<ref>"Pazo dos Deportes da Cidade Universitaria". Páxinas Galegas (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.  Á parte do Ensino, tamén xoga no recinto o Club Baloncesto Breogán, equipo de baloncesto masculino da cidade que compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto estatal. Alén dos equipos de baloncesto, o pavillón é utilizado esporádicamente para a organización doutros eventos deportivos e culturais.

O Pazo atópase situado no barrio de Acea de Olga da cidade amurallada, no campus da Universidade de Santiago de Compostela, motivo polo cal é ás veces chamado "Pazo Universitario" ou simplemente "Universitario". Conta con pistas de squash, ximnasio e pistas polideportivas anexas. Ademais, conta cun pequeno pavillón anexo adicado ao baloncesto con dúas canchas. Nos arredores hai tamén unha piscina cuberta, pistas de atletismo e un campo de rugby. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.

Xogadoras

editar

Elenco actual

editar
Durán Maquinaria Ensino 2021−2022 (Liga Endesa)
Xogadoras Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Idade Procedencia
E 4   Prieto, Alba 1,75 m (5 ft 9 in) Baloncesto Leganés (2020)
A 5   Eraunzetamurgil, Maria 1,85 m (6 ft 1 in) IDK Gipuzkoa (2021)
AP 6   Abalde, Tamara 1,93 m (6 ft 4 in) IDK Gipuzkoa (2021)
B 7   Orsili, Alessandra 1,68 m (5 ft 6 in) Le Mura Spring Lucca (2021)
B 9   Lizarazu, Marina 1,72 m (5 ft 8 in) Quesos El Pastor (2021)
A 10   van den Adel, Natalie 1,85 m (6 ft 1 in) RPK Araski (2020)
A 12   Aliaga, Laura 1,86 m (6 ft 1 in) Embutidos Pajariel Bembibre (2018)
AP 14   Bahí, Georgina 1,90 m (6 ft 3 in) Cadí La Seu (2018)
A 16   Oma, Helena 1,80 m (5 ft 11 in) Spar Girona (2021)
P 23   da Silva, Sofia 1,90 m (6 ft 3 in) Movistar Estudiantes (2021)
P 32   White, Chatrice 1,90 m (6 ft 3 in) Bayraklı Belediyespor (2020)
Adestrador
  •   Miguel Ángel Ortega
Asistente(s)
  •   Fernán Varela
Director deportivo
  •   Catarina Pollini

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 13−082021

Tempadas

editar
Ano Nivel División Pos. Playoff Copa da Raíña
1980–81 3 2ª División
1981–82 3 2ª División
1982–83 3 2ª División
1983–84 3 2ª División
1984–85 3 2ª División
1985–86 3 2ª División
1986–87 3 2ª División
1987–88 2 1ª División B
1988–89 2 1ª División B
1989–90 2 1ª División B R
1990–91 3 2ª División
1991–92 2 1ª División B
1992–93 2 1ª División B
1993–94 2 1ª División B
1994–95 2 1ª División B
1995–96 1 1ª División 10º Segunda rolda
1996–97 1 Liga Femenina Liga de clasificación Cuartos de final
1997–98 1 Liga Femenina Liga de clasificación Cuartos de final
1998–99 1 Liga Femenina Semifinais Subcampioas
1999–00 1 Liga Femenina Semifinais Cuartos de final
2000–01 1 Liga Femenina Semifinais Semifinais
2001–02 1 Liga Femenina Cuartos de final Subcampioas
2002–03 1 Liga Femenina 12º
2003–04 1 Liga Femenina Semifinais
2004–05 1 Liga Femenina 12º
2005–06 1 Liga Femenina 10º Cuartos de final
2006–07 1 Liga Femenina 14º
2007–08 2 Liga Femenina 2
2008–09 2 Liga Femenina 2 13º
2009–10 2 Liga Femenina 2
2010–11 2 Liga Femenina 2
2011–12 2 Liga Femenina 2
2012–13 2 Liga Femenina 2
2013–14 2 Liga Femenina 2
2014–15 2 Liga Femenina 2
2015–16 2 Liga Femenina 2
2016–17 2 Liga Femenina 2 10º
2017–18 2 Liga Femenina 2
2018–19 1 Liga Femenina 10º
2019–20 1 Liga Femenina Cuartos de final
2020–21 1 Liga Femenina Cuartos de final Cuartos de final

Palmarés

editar
  • Copa da Raíña
    • Subcampioas (2): 1999, 2002
  • Copa Galiza
    • Campioas (3): 2004, 2010, 2012
  1. 1,0 1,1 "Historia". Ensino Lugo. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  2. "Durán Maquinaria Ensino, un clásico que regresa a la elite". FEB.es (en castelán). 2 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar