Pau Resta

futbolista español

Pau Resta Tell, nado en La Tallada d'Empordà, Xirona, o 14 de novembro de 2000 é un futbolista español que xoga como defensa central no Sabadell, da Primeira División RFEF.

Pau Resta
Información persoal
Nome Pau Resta Tell
Altura 1,85 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Sabadell
Número 5
Carreira xuvenil
Girona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 Girona B 30 (7)
2021–2022 Atlético Albacete 24 (0)
2021 Albacete 1 (0)
2022– Sabadell 32 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Carreira editar

Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Girona e na tempada 2019/20 debutou co filial do club, o Girona B, na Primeira Catalá, xogando varios partidos e participando do ascenso do equipo á Terceira División,. Na seguinte campaña contribuíu con 17 partidos e 3 goles ao segundo posto do filial, que quedou ás portas de conseguir un segundo ascenso consecutivo.

Con só 18 anos realizou a pretempada co primeiro equipo do Girona ás ordes de Juan Carlos Unzué, sendo convocado polo primeiro equipo en tres partidos.

Na tempada 2021/22 fichou polo Albacete Balompié para xogar co seu filial, o Atlético Albacete, na Terceira División RFEF.[1] Disputou 24 partidos co filial e foi convocado de xeito habitual polo primeiro equipo, dirixido polo coruñés Rubén de la Barrera. Debutou co Albacete nun partido da Copa do Rei contra o Cádiz, tres días antes de realizar a súa estrea tamén na Primeira División RFEF, ante o Algeciras.

O 1 de setembro de 2022 asinou como novo xogador do Sabadell, de Primeira RFEF.[2][3]

Notas editar

  1. "Pau Resta se une al proyecto del Alba" (en castelán). 23 de xuño de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  2. "Pau Resta se marcha al CE Sabadell" (en castelán). 1 de setembro de 2022. Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  3. "Pau Resta refuerza la defensa del CE Sabadell" (en castelán). 1 de setembro de 2022. Consultado o 6 de novembro de 2023.