Primera Catalana
A Primera Catalana (ata 2011 Preferent Territorial ou Regional Preferent) é a quinta categoría da liga de fútbol en Cataluña por debaixo da Terceira División e por encima da Segona Catalana. Está organizado pola Federació Catalana de Futbol.
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1968 – |
Historia
editarA Regional Preferent nace con ese nome na tempada 1968-69 para ser a categoría intermedia entre a Terceira División e a chamada Primera Categoria. A categoría estaba formada por un único grupo de 20 equipos. Non foi ata a tempada 1983-84 cando se forman dous grupos de 18 equipos para dar resposta ao crecente número de licenzas de clubs que se produciran nos últimos anos.
Na tempada 1991-92 coincidindo coa creación da Primera Divisió catalana prodúcese o primeiro cambio de nome da categoría, que pasa a chamarse Preferent Territorial. Na tempada 2011-12 desaparece a antiga Primera Divisió catalana e a Preferent pasa a chamarse Primera Catalana pero co mesmo sistema de dous grupos.
Sistema de competición
editarEstá formada por dous grupos de 18 equipos cada un, repartidos seguindo un criterio xeográfico. No grupo 1 compiten os equipos das provincias de Barcelona e Girona e no grupo 2, os de Lleida e Tarragona, máis algún de Barcelona. Isto é debido ao maior número de licenzas da provincia de Barcelona que obriga a desprazar algúns equipos das comarcas barcelonesas máis occidentais ao grupo 2.
soben 3 equipos a Terceira División, os dous campións e o gañador dunha eliminatoria a dobre partido entre os dous subcampións. Baixan 9 equipos a Segona Catalana, os catro últimos de cada grupo e o peor quinto clasificado pola cola.
Dende a tempada 2011-12, os dous campións xogan unha final a partido único e en campo neutral para decidir o gañador do título de Campión de Cataluña de Afeccionados.
Campións
editarDous grupos (dende 1985)
editarDende a tempada 2011-12 está destacado o Campión de Cataluña de Afeccionados.
Grupo único (1968-1984)
editarTempada | Campión |
---|---|
1983-1984 | AEC Manlleu |
1982-1983 | Girona FC |
1981-1982 | CD Banyoles |
1980-1981 | FC Santboià |
1979-1980 | CE L'Hospitalet |
1978-1979 | FC Vilafranca |
1977-1978 | UE Olot |
1976-1977 | CE Europa |
1975-1976 | CF Reus Deportiu |
1974-1975 | CD Masnou |
1973-1974 | CE Manresa |
1972-1973 | Barcelona Atlètic |
1971-1972 | CD Masnou |
1970-1971 | UE Lleida |
1969-1970 | CE Júpiter |
1968-1969 | CE Mataró |