Patty Mills
Patrick Sammy "Patty" Mills, nado o 11 de agosto de 1988 en Camberra, é un xogador australiano de baloncesto profesional que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
editarMills foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. Na súa tempada coma rookie sufriu unha lesión no seu pé dereito, e tivo que pasar polo quirófano. Tras a súa recuperación, foi asignado ós Idaho Stampede, afiliado dos Blazers na NBA Development League.[1] Mills fixo o seu debut na NBA o 4 de xaneiro de 2010. En 5 minutos de xogo fixo dúas asistencias.
O 29 de agosto de 2011, durante o lockout da NBA, Mills asinou cos Melbourne Tigers australiano.[2] Despois de nove partidos cos Tigers, deixou o equipo para fichar polos Xinjiang Flying Tigers da China.[3][4]
O 27 de marzo de 2012, Mills asinou cos San Antonio Spurs.[5] En San Antonio conseguiu o seu primeiro campionato da NBA na tempada 2013-14, despois de que os Spurs derrotaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA.
O 10 de agosto de 2021, Mills asinou cos Brooklyn Nets.[6]
Estatísticas NBA
editarTempada regular
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009–10 | Portland | 10 | 3.8 | .417 | .500 | .571 | 0.2 | 0.5 | 0.0 | 0.0 | 2.6 |
2010–11 | Portland | 64 | 12.2 | .412 | .353 | .766 | 0.8 | 1.7 | 0.4 | 0.0 | 5.5 |
2011–12 | San Antonio | 16 | 16.3 | .485 | .429 | 1.000 | 1.8 | 2.4 | 0.6 | 0.1 | 10.3 |
2012–13 | San Antonio | 58 | 11.3 | .469 | .400 | .842 | 0.9 | 1.1 | 0.4 | 0.1 | 5.1 |
2013–14 | San Antonio | 81 | 18.9 | .464 | .425 | .890 | 2.1 | 1.8 | 0.8 | 0.1 | 10.2 |
Total | 229 | 14.3 | .454 | .406 | .847 | 1.3 | 1.6 | 0.6 | 0.1 | 7.3 |
Playoffs
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Portland | 3 | 4.0 | .500 | 1.000 | 1.000 | 0.0 | 1.0 | 0.0 | 0.0 | 2.0 |
2011 | Portland | 2 | 2.5 | .000 | .000 | .000 | 0.5 | 0.0 | 0.0 | 0.0 | 0.0 |
2012 | San Antonio | 8 | 3.9 | .545 | .600 | .000 | 0.4 | 0.6 | 0.1 | 0.0 | 1.9 |
2013 | San Antonio | 9 | 3.4 | .500 | .286 | .000 | 0.3 | 0.2 | 0.0 | 0.0 | 1.3 |
2014 | San Antonio | 23 | 15.3 | .447 | .405 | .769 | 1.5 | 1.4 | 0.7 | 0.0 | 7.3 |
Total | 45 | 9.6 | .452 | .409 | .786 | 0.9 | 1.0 | 0.4 | 0.0 | 4.5 |
Notas
editar- ↑ "Portland waives Tolliver, sends Mills to Idaho". NBA.com. 29 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015.
- ↑ Tigers sign NBA star Boomer Patty Mills
- ↑ "Xinjiang tab Patty Mills with a non-guaranteed contract". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2015.
- ↑ Melbourne Tigers release Patty Mills after massive offer from Chinese club Xinjiang Flying Tigers
- ↑ Spurs Sign Patrick Mills
- ↑ "Brooklyn Nets Sign Patty Mills". NBA.com. 10 de agosto de 2021.