Patrick Makau Musyoki


Patrick Makau Musyoki, nado en Manyanzwani o 2 de marzo de 1985, é un corredor de longa distancia kenyano, actual plusmarquista mundial do maratón.

Modelo:BiografíaPatrick Makau Musyoki
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1985 (39 anos)
Manyanzwani
País de nacionalidade Kenyata
Actividade
Ocupaciónatleta fondista
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMaratón
Medio maratón Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14209244 Olympic.org: patrick-makau-musyoki Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fondista dedicado a carreiras de rúa, máis especialmente de medio maratón e maratón, ten o cuarto tempo do mundo na primeira modalidade (58' 52"), marca conquistada en Ras al-Khaimah, nos Emiratos Árabes Unidos, en febreiro de 2009.

Con grandes resultados no medio maratón entre 2005 e 2009, ese ano Makau comezou a disputar o maratón, comezando no maratón de Rotterdam co excelente tempo de 2h 06' 14" e o cuarto posto. Ó ano seguinte, volveu a Rotterdam e venceu a proba esta vez en 2h 04' 48", a mellor marca do ano e a entón cuarta mellor marca da historia, e conseguiu nova vitoria no maratón de Berlín, con 2h 05' 08".

O 25 de setembro de 2011, Makau volveu disputar o maratón de Berlín e venceu a proba por segunda vez, establecendo nova marca mundial de 2h 03' 38", 21 segundos máis rápido que a marca anterior do etíope Haile Gebrselassie, tamén conquistada en Berlín, en setembro de 2008. Gebrselassie, que tamén disputou a proba mais desistiu no km 35 debido a problemas de respiración, viu o seu antigo récord mundial ser quebrado polo kenyano, encerrando unha era de máis de 20 anos de dominio do etíope, considerado o máis grande fondista da historia do atletismo, en probas de longa distancia.[1]

  1. "Makau, récord del mundo de maratón". El País (en castelán). 2011-09-25. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-03-28. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar