Pascual Ruiz Huidobro

militar galego


Pascual Ruiz Huidobro, nado en Ourense en 1752 e finado en Mendoza, Provincias Unidas do Río da Prata, 1813, foi un militar galego de longa carreira no Vicerreinado do Río da Prata, que loitou contra as invasións inglesas como gobernador de Montevideo.

Infotaula de personaPascual Ruiz Huidobro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1752 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1813 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Mendoza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

As invasións inglesas editar

Fixo unha longa carreira naval en Cádiz e outros destinos. Chegou ó Río da Prata coa expedición do vicerrei Pedro de Ceballos en 1777. Logo de pasar por distintos destinos na América española, ascendeu a tenente xeneral de mariña. En 1803 foi nomeado gobernador civil e militar de Montevideo e xefe da frota alí estacionada. No ano seguinte, ó asumir Rafael de Sobremonte como vicerrei, ocupou o seu cargo de inspector de tropas do vicerreinado, é dicir, segundo no mando militar.

Ao saber que se estaban por producirse as invasións inglesas, o vicerrei mandou a maior parte das súas tropas a Montevideo, xa que pensaba que ese sería o obxectivo central da invasión. Pero os ingleses tomaron Bos Aires case sen resistencia.

Organizou unha expedición para reconquistar Bos Aires, pero xusto cando estaba listo para partir chegou o capitán Santiago de Liniers, que tiña boa información sobre a resistencia que se estaba organizando. Por iso entregoulle o mando das tropas. Con eles e cos voluntarios de Bos Aires, Liniers conseguiu a Reconquista.

O ano seguinte produciuse a segunda invasión inglesa, comezando por Maldonado e despois atacando Montevideo. Ruiz Huidobro cometeu un erro estratéxico moi grave ó non encerrarse na cidade amurallada, senón que saíu a facerlle fronte na zona das quintas que rodeaba a cidade e foron esnaquizados. Uns días máis tarde, a cidade caía en mans inglesas durante un ataque nocturno que non previra. Foi tomado prisioneiro e enviado a Inglaterra, en represalia pola resistencia que opuxera á anterior invasión.

Case ó mesmo tempo, o cabido de Bos Aires decidía a destitución de Sobremonte e a súa substitución polo oficial máis antigo, que resultou ser Ruiz Huidobro. Perdía así a primeira oportunidade de chegar a vicerrei.

Regreso ó Río da Prata editar

Ó iniciarse a alianza entre Inglaterra e España, foi liberado e regresou á península. Durante o principio da Guerra de Independencia Española, foi deputado da Xunta Suprema do Reino de Galicia. Ó saber da destitución de Sobremonte, esta nomeouno un reemplazante ao Vicerreinado do Río da Prata, con títulos por demais dubidosos. Logrou sortear con éxito as intrigas da Infanta Carlota Xoaquina de Borbón, que tentou envialo de regreso á Península. Porén, ó chegar, atopou que o cabido xa nomeara a Liniers e que se negaba a entregarlle o mando ó recentemente chegado. Como o seu nomeamento non era moito máis regular que o de Liniers, contentouse co cargo de inspector de armas do vicerreinado. Así perdía a súa segunda oportunidade.

Durante a asonada de Álzaga do 1 de xaneiro de 1809, tras o fracaso dos primeiros intentos do grupo de Martín de Álzaga, este apoiou a idea do bispo Benito Lué de destituír a Liniers e substituílo polo oficial máis antigo. O candidato era Ruiz Huidobro, que chegou a ser recoñecido por Liniers. Pero a rápida acción do coronel Cornelio Saavedra salvou o posto para Liniers. Foi a terceira frustración para don Pascual.

A Revolución de Maio editar

Apoiou a Revolución de Maio, e no Cabido Aberto do 22 de maio de 1810, foi o segundo en tomar a palabra, despois do bispo Lué. Pronunciouse pola destitución do vicerrei e o paso do poder ó Cabido ata que o goberno lexítimo de España fose reposto. Como o cabido non podía exercer o poder militar, o candidato para ese posto era, novamente, Ruiz Huidobro. Pero a continuación falou Saavedra, que se apoiou na súa argumentación pero propuxo a formación dunha Xunta de Goberno. E por cuarta e última vez, perdeu a oportunidade de ser vicerrei.

Durante o goberno da Primeira Xunta foi separado do mando militar, sospeitoso por ser español. En 1812, o Primeiro Triunvirato incluíuno nas investigacións pola suposta conspiración de Álzaga. Non foi axuizado, pero xulgou máis prudente viaxar a Chile, onde pensaba ofrecer os seus servizos militares ó ditador José Miguel Carrera. O Segundo Triunvirato nomeouno embaixador ante o goberno dese país. Nunca chegou, pois morreu na viaxe, en marzo de 1813 na cidade de Mendoza.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cutolo, Vicente, Nuevo diccionario biográfico argentino, Ed. Elche, 1968-1985.
  • Roberts, Carlos, Las invasiones inglesas, Ed. Emecé, 1999.
  • Scenna, Miguel Ángel, Las brevas maduras. Memorial de la Patria, tomo I, Ed. La Bastilla, Bs. As., 1984.