Partido do Porto

O Partido do Porto foi unha división militar portuguesa creada en 1758 con capital na cidade do Porto, e con territorio destacado das provincias da Beira e de Entre-Douro-e-Minho. O territorio do Partido, que tiña algunhas pregorrativas de provincia, ía desde Vila do Conde ao norte até o río Mondego ao sul. A súa creación estivo relacionada sobre todo coa apertura do novo porto de Aveiro e da necesidade da creación dun comando militar que protexese a rexión. A autoridade máxima do Partido era o Gobernador das Armas do Porto.

O Partido do Porto orixinou a creación da Provincia do Douro en 1832.