Provincia do Douro
A provincia do Douro era unha antiga división administrativa de Portugal con capital no Porto, creada en 1832, con base no antigo Partido do Porto, englobando a parte litoral da antiga provincia da Beira e a parte sur da antiga provincia de Entre Douro e Miño.
En 1835 tornouse un agrupamento de distritos para fins estatísticos e de referencia rexional, englobando os distritos do Porto, de Aveiro e de Coímbra.
Na restauración da división administrativa en provincias de 1936, a antiga Provincia do Douro non foi recreada, sendo o seu antigo territorio dividido nas novas provincias do Douro Litoral e da Beira Litoral.