Partido Regionalista de El Bierzo

O Partido Regionalista de El Bierzo (Partido Rexionalista do Bierzo en galego) ou PRB xurdiu no ano 2001 como unha escisión do Partido de El Bierzo liderada por Tarsicio Carballo, un feito paradoxal, se temos en conta que foi el quen fundara o Partido de El Bierzo no ano 1979.

É un partido de ideoloxía bercianista que avoga pola creación dunha rexión autónoma para o Bierzo debido ao seu pasado coma provincia no século XIX e as características particulares da rexión. O partido defende a integración no Bierzo de todas aquelas bisbarras que foron parte da antiga provincia do Bierzo e que hoxe non o son como Valdeorras[1], Villablino e algunhas aldeas adxacentes da bisbarra da Cepeda en León[2]. O partido defende a promoción e o uso da lingua galega no Bierzo.

HistoriaEditar

No ano 2000 celebrouse un congreso do partido, e unha nova dirección fíxose cargo do Partido de El Bierzo. Isto xerou unha serie de desavinzas entre Tarsicio Carballo e a nova dirección do partido, o cal rematou nun enfrontamento cos membros do partido e na marcha de Tarsicio Carballo e os seus seguidores, os cales fundaron o Partido Regionalista de El Bierzo en 2001.

O enfrontamento cos seus antigos compañeiros do Partido de El Bierzo rematou nos xulgados, sendo Tarsicio Carballo condenado por aldraxes contra dirixentes do Partido de El Bierzo como Iván Alonso en 2009[3]. Non obstante, a hostilidade entre Tarsicio Carballo e os dirixentes do PB subsiste dende entón[4][5][6].

Este partido protagonizou accións políticas moi rechamantes no Bierzo. O seu fundador Tarsicio Carballo protagonizou unha folga de fame de 19 días no 2010 para denunciar o abandono do Bierzo por parte das institucións e para pedir melloras e máis investimentos no Bierzo[7]. O PRB en 2013 organizou unha campaña para que todos os concellos do Bierzo puxesen unha rúa chamada Provincia do Bierzo[8], mesmo chegou a propoñer que o concello de Ponferrada substituíse os nomes da Avenida Reino de León e a rúa Fueros de León por Provincia do Bierzo e Bérgida[9]. Tamén reclamou que o bispado de Astorga traslade a súa sede diocesana a Ponferrada por ser a cidade máis poboada da diocese. O partido tamén reclama o traslado ao Bierzo de documentos históricos coma o Edicto de Augusto[10] e pediu a inclusión de contidos bercianos na súa programación á TVG[11].

Alén destas reclamacións tan rechamantes. A maioría das reclamacións do PRB son de carácter local e municipalista: peticións para o arranxo de rúas[12], construción e reparación de infraestruturas, arranxo e construción de estradas e accesos viarios[13], coidado do medio ambiente[14], restauración de monumentos[15], dotación de medios para a loita contra os incendios[16], investimentos para o Bierzo etc

O PRB celebra a fundación do movemento bercianista o 23 de abril nun acto homenaxe nos restos do castro Bergidum.

O partido ten presentado as súas candidaturas principalmente nas eleccións municipais e autonómicas durante estes anos. Para as vindeiras eleccións autonómicas e municipais do 2015, Tarsicio Carballo repite como candidato para a alcaldía de Ponferrada[17].

Nas eleccións municipais de 2015, o PRB obtivo un concelleiros no concello de Ponferrada. Isto significou o regreso de Tarsicio Carballo á política municipal no concello de Ponferrada ao ser a testa de lista desta formación política[18].

Nas eleccións municipais de 2019, o PRB obtivo dous concelleiros no concello de Ponferrada, o que significa unha mellora nos resultados electorais en comparanza cos resultados de hai catro anos[19]. Isto tamén significou que Tarsicio Carballo, o presidente desta formación política, revalidou a súa acta de concelleiro[20].

En decembro de 2020, o PRB levou unha proposta ao pleno do Concello de Ponferrada para solicitar á Xunta de Castela e León converter ao Bierzo na décima provincia desta Comunidade autónoma. Porén, a proposta foi rexeitada polo pleno do Concello de Ponferrada de xeito maioritario[21]. A Xunta directiva do partido decidiu non presentarse ás eleccións ás Cortes de Castela e León convocadas para febreiro de 2022[22].

Resultados electoraisEditar

Os resultados electorais do partido nas eleccións presentadas son os seguintes[23]:

Eleccións ás Cortes de Castela e León

  • Eleccións autonómicas ano 2003: 845
  • Eleccións autonómicas ano 2007: 1.028
  • Eleccións autonómicas de 2011: 664
  • Eleccións autonómicas de 2015: 722
  • Eleccións autonómicas de 2019: 1.242

Eleccións municipais

  • Eleccións municipais ano 2003: 1.100
  • Eleccións municipais ano 2007: 1.132
  • Eleccións municipais ano 2011: 988
  • Eleccións municipais ano 2015: 1.688 e un concelleiro.
  • Eleccións municipais ano 2019: 2.374 e dous concelleiros.

NotasEditar

  1. http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/partido-berciano-reclama-inclusion-valdeorras-region-bierzo/20071009101155031430.html
  2. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/carballo-propone-ramon-villablino-incorpore-bierzo_431101.html
  3. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/carballo-acusa-pb-buscar-fin-bercianismo-juzgado_446217.html
  4. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/bercianismo-conmemora-32-anos-existencia-prb-pb_600846.html
  5. http://www.diariodeleon.es/noticias/afondo/carballo-son-cuatro-traidores-iban-arrasar-deshicieron-partido_83902.html
  6. http://www.diariodeleon.es/noticias/afondo/bercianismo-hace-crac_83901.html
  7. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/tarsicio-carballo-deja-ayuno_557630.html
  8. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/prb-exige-ayuntamientos-calle-provincia-bierzo_391068.html
  9. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/instan-ayuntamiento-ponferrada-ponga-dos-calles-nombres-provincia-bierzo-bergida_786155.html
  10. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/prb-reclama-original-edicto-augusto_176361.html
  11. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/fala-ceibe-inicia-campana-tvg-primen-incluyan-noticias-contenidos-bercianos_172995.html
  12. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/prb-urge-mejora-calles-calzada-santa-beatriz_74746.html
  13. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/carballo-pide-arreglo-carretera-valle-oza_27398.html
  14. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/prb-pide-junta-implique-limpieza-riberas-rios_35297.html
  15. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/prb-solicita-limpieza-canales-romanos-san-clemente_31612.html
  16. http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/carballo-exige-centro-fuego-comarca_29641.html
  17. http://www.ileon.com/politica/050637/el-eterno-bercianista-tarsicio-carballo-encabeza-de-nuevo-la-lista-del-prb-en-ponferrada
  18. http://resultados.elpais.com/elecciones/2015/municipales/08/24.html
  19. https://resultados.elpais.com/elecciones/2019/municipales/08/24.html
  20. https://www.diariodeleon.es/noticias/afondo/silencio-espera-poder-decidir-alcalde_1338519.html
  21. https://www.lanuevacronica.com/tumban-la-propuesta-de-el-bierzo-decima-provincia-de-castilla-y-leon
  22. https://www.lanuevacronica.com/el-prb-decide-no-presentarse-a-las-elecciones-autonomicas
  23. http://www.infoelectoral.mir.es/