Parque natural de Jandía

Jandía
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 19 de xuño de 1987
Superficie: 14.310 hectáreas
Lexislación: Lei 12/1994, do 19 de decembro
Datos de interese
País: España España
Provincias: As Palmas
Concellos: Pájara
Ríos:
Picos Jandía (807 metros)
Direccións de interese: Cabido Insular de Fuerteventura
Teléfonos: 928 86 23 63

O parque natural de Jandía atópase na illa de Fuerteventura, Illas Canarias.

Valores naturais editar

É o único deserto propiamente dito dentro do estado español. Presenza de sistemas montañosos de orixe volcánica que forman cristas e barrancos de gran valor paisaxístico. Salientar as praias, as meirandes das Illas Canarias, coma a do Cofete, Barlovento ou de Sotavento. Tamén existen zonas de dunas e fondos mariños de gran calidade. Por último nomear a existencia da zona El Saladar, zona litoral inundable de gran valor ecolóxico e avifaunístico. Está formada por un terreo de 123 hectáreas, declarada zona ZEPA.

Flora editar

O hábitat predominante neste parque é o Cardomal-Tabaidal. Podéndose atopar varios endemismos coma o Cardón de Jandía (Euphorbia Handiensis, símbolo do parque), o Taginarte de Jandía (Echium Handiensis), a Margarida de Jandía (Argyranthemum winteri) ou o Odontospermum sericeum. Tamén existen masas forestais autóctonas, especialmente na cara norte das montañas

Fauna editar

As aves son o grupo faunístico de maior interese. Salientar a presenza da Húbara, especie endémica das Canarias e en risco de extinción. Outras especies son o falcón tagarote, a corredeira, a chasca canaria, picanzo real meridional ou o voitre branco (coñecido localmente co nome de guirre). Tamén existen colonias de aves mariñas, tales coma a aguia peixeira, a pardela cincenta ou a pardela de Bulwer. Entre os mamíferos, presenza ocasional da foca monxe mediterránea ou de cabras e camelos salvaxes.

Valores patrimoniais editar

Presenza dos tradicionais fornos de cal majoreros, caseríos, o faro de Jandía e outros elementos da arquitectura tradicional da illa. Existen restos de oratorios prehispánicos e diferentes restos de pinturas rupestres.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar