Parque forestal de Santo André de Comesaña

parque forestal en Vigo

O parque forestal de Santo André de Comesaña, tamén coñecido como parque da Guieira[1], da Aguieira[2][3] ou parque da Fontesanta, é un parque forestal situado na parroquia viguesa de Comesaña. Está situado xunto ao lugar da Aguieira. Ten unha superficie total de 29.200 m² e pertence á comunidade de montes de Santo André de Comesaña. Acondicionouse no ano 2001, e forma parte da ruta GR-53 que atravesa os montes de Vigo pola zona máis alta, desde A Madroa até A Garrida. O parque está atravesado por parte do percorrido do río Lagares, e na súa beira sitúanse varios muíños fluviais.

Modelo:Xeografía físicaParque forestal de Santo André de Comesaña
Tipoparque forestal Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSanto André de Comesaña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°11′17″N 8°45′09″O / 42.18805542, -8.75253227

A nivel paisaxístivo, está formado por piñeiral, eucaliptal (entre Comesaña e Coruxo fíxose a primeira plantación desta árbore na zona, en socalcos, á beira do río Pontón e do muíño do Lourenzo; para asegurarlle o rego construíuse unha presa), carballos, castiñeiros, bidueiros e salgueiros. Na parte alta do parque hai penedos graníticos irregulares froito da erosión. Desde os puntos máis altos hai panorámicas da ría e as illas Cíes.

Este parque, así coma outros lugares da parroquia, queimáronse na vaga de incendios de outubro de 2017. Unhas das persoas falecidas durante ese incendio foi un veciño desta parroquia, mentres axudaba a apagar o lume.[4]

A nivel recreativo, o parque conta con varias mesas, barbacoas e asadoiros, fontes e un miradoiro a 164 metros sobre o nivel do mar, desde o cal pódense divisar as Illas Cíes e a ría de Vigo.

Sendeiros

editar

O parque forestal de Comesaña forma parte dun conxunto de montes e outeiros que arrodean a cidade de Vigo. A ruta GR-53, que atravesa o parque, é unha senda de grande percorrido que circunvala o concello de Vigo polos seus montes. Cunha lonxitude de 40 quilómetros, e de carácter circular, é a ruta de sendeirismo máis grande da cidade olívica.[5]

Accesos

editar

O acceso ao parque forestal pode realizarse en automóbil privado ou público. Pola estrada de Valadares en dirección a Vigo, tomando a saída de Matamá, ou pola estrada de Matamá ao Freixo, pasando o cruzamento do Freixo, á man dereita.

  1. "A Guieira". Turismo de Vigo. Consultado o 14 de agosto de 2024. 
  2. "Parque Forestal da Aguieira.". Hoxe Vigo. Consultado o 14 de agosto de 2024. 
  3. "A Aguieira". Galicia Nomeada. 
  4. "A cuarta vítima é un home de 70 anos que caeu mentres axudaba a extinguir as lapas | CRTVG". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-23. 
  5. "Senda panorámica de Vigo GR-53". Turismo de Vigo. Consultado o 3 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar