Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà

Aiguamolls de l'Empordà
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1.983
Superficie: 4.730 ha (834 ha de reservas naturais integrais
Lexislación: Lei 21/1983, 28 de outubro (DOGC 812, 06-03-87))
Datos de interese
País: España España
Provincias: Xirona
Concellos: Castelló d'Empúries, Sant Pere Pescador, Palau-saverdera, Peralada,Pau, Pedret i Marzà, LÈscala, Roses, l'Armentera
Ríos: Fluvià, Muga
Picos
Direccións de interese: El Cortalet, km 13 da estrada de Sant Pere Pescador a Castelló d'Empúries. 17486, Castelló d'Empúries
Teléfonos: 972 45 42 22

O Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà atópase en Cataluña, na comarca do Alt Empordà (provincia de Xirona). Foi constituído coma Parque natural no 1983 tras unha intensa campaña cidadán para a súa creación.

Orixe editar

Os Aiguamolls de l'Empordà ocupaban antigamente toda a chaira da badía de Roses e todo o tramo baixo do río Ter. O macizo do Montgrí estaba illado entre as augas, e cando os gregos se estableceron na zona, fixérono nunha illa, fundando Empúries. Debido ó crecemento das areas agrícolas, a zona foise desecando. Desaparecendo marismas e lagos. Coma por exemplo os lagos de Castelló, Siurana, Vilacolum, Riunors, Bellcaire, Ullastret e Pals; actualmente extinguidos na súa totalidade[1].

Outro factor de degradación foi o urbanismo e o turismo, que fixo que moitas zonas se convertesen en urbanizacións. Debido a todo isto, no 1976 comezou unha campaña baixo o lema "Els últims aiguamolls de l'Empordà, en perill" ("As últimas marismas do Empordà, en perigo"), que buscaba a concienciación sobre a importancia das zonas húmidas e da súa protección.

No 1983, o parlamento de Cataluña aprobou a lei de declaración de paraxes naturais de interese nacional e reservas integrais dos Aiguamolls de l'Empordà, posteriormente reclasificado en parque natural[1]. Este parque natural, só protexe as zonas húmidas da comarca do Alt Empordà. As do Baix Empordà están protexidas baixo a figura do Parque Natural do Montgrí, les illes Medes i el Baix Ter.

Morfoloxía editar

O parque presenta unha gran variedade de paisaxes e formacións. Por unha banda, a comarca do l'Alt Empordà está densamente poboada, aumentando aínda máis a súa poboación durante o verán. Máis do 80% do parque é de propiedade privada. Ademais entre as dúas zonas de maior tamaño do parque, sitúase Empuriabrava, unha das zonas residenciais navegables máis importantes de Europa. Debido a todo isto, a paisaxe urbana altérnase entre zonas de alto valor ecolóxico, tales coma praias, lagoas litorais de auga salgada, lagoas de auga doce, complexos de dunas, praias e cursos fluviais cun bo estado de conservación[1].

O parque coma tal, presenta catro zonas ben diferenciadas, seguindo un eixo norte-sur. Por unha banda está a zona protexida que rodea a lagoa de Vilaüt, sendo esta a de maior tamaño e illada respecto ó resto de áreas protexidas. Unha segunda zona que rodea a lagoa de Cortalet e as marismas de auga salgada próximas ó mar. Unha terceira zona que protexe o treito final e a desembocadura do río Fluvià. E unha cuarta zona, que vai dende a desembocadura do río Fluvià ata a vila de Cinclaus, protexendo todo o litoral[1].

Vexetación editar

Existen moitas variedades de paisaxes vexetais. Salientar aqueles ecosistemas onde predominan as salicornias ou os xuncos, que están adaptadas a sobrevivir en chans e augas cunha elevada salinidade. Os areais, medio inhóspito, que é ocupado por especies coma o Agropyron junceum ou o feo de praia (Ammophila arenaria)[1].

Destaca tamén a vexetación de tipo lacustre, asociada a masas de auga doce. Nestes medios abundan o Ranunculus baudotii, a lentella de auga e especies dos xéneros zannichellia, potamogeton e callitriche[1].

Fauna editar

O parque é un dos espazos naturais máis importantes do sur de Europa en canto á observación de aves. Téñense citado máis de 300 especies diferentes, das cales máis de oitenta crían de maneira regular. Destas últimas, as máis emblemáticas son a cerceta albela e o picanzo pequeno[1]. Tamén crían no parque a cegoña branca e o camón. Durante as épocas de migracións, de febreiro a xuño e de xullo a outubro, miles de aves empregan as masas da auga da zona coma refuxio. Son habituais a tartaraña das xunqueiras, o bilurico bastardo, a gaivota de Audouin e o flamengo[1]. Tamén existe importantes poboacións de réptiles e anfibios (coma o sapoconcho riscado ou o tritón verde), peixes (como a anguía ou o Lebias ibera) e mamíferos, coma o gamo, a lontra ou o porco teixo[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Varios autores, Depósito legal B-16565-2005 (2005). Generalitat de Catalunya, Departament de Medi Ambient i Habitatge, ed. Parc Natural dels Aiguamolls de l'Empordà. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Folleto Parc Natural dels Aiguamolls de l'Enpordà, publicado pola Generalitat de Catalunya, Departament de Medi Ambient i Habitatge. Depósito legal: B-16565-2005. (en catalán)

Ligazóns externas editar