Parque Nacional do Banco de Arguin
O Parque Nacional do Banco de Arguin (en árabe: حوض أركين) é un parque nacional de Mauritania que se atopa na baía de Arguin, no oeste de África, entre Nouakchott e Nouadhibou. Foi declarado Patrimonio da Humanidade e é un importante lugar de migración e cría de aves, incluíndo flamengos, pelicanos e carráns. Gran parte da cría prodúcese en baixíos, incluíndo as illas de Tidra, Niroumi, Nair, Kijji e Arguim. As augas circundantes son algunhas das augas pesqueiras máis ricas do oeste de África e serven de lugar de nidificación para toda a rexión occidental.
Parc national du Banc-d'Arguin (fr) | ||||
Nomeado en referencia a | Baía de Arguim (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
República islàmica | Mauritania | |||
Rexión | Dakhlet Nouadhibou (pt) | |||
Cidade | Nouadhibou (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 900 (2000) (0,08 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 12.000 km² | |||
Altitude | 21 m | |||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Mundo árabe | |||
Data | 1989 (13ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | |||
Identificador | 506 | |||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 250 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 797 | |||
Páxina web | pnba.mr |
O Parque Nacional do Banco de Arguin é unha reserva natural que foi estabelecida en 1976 para protexer tanto os recursos naturais como pesqueiros, que contribúen significativamente á economía nacional,[1] así como xacementos xeolóxicos de valor científico e estético, en interese e para a recreación do público en xeral.
As amplas extensións de marismas do parque son o fogar de milleiros de aves limícolas migrantes do norte de Europa, Siberia e Groenlandia. O clima suave da rexión e a ausencia de perturbacións humanas fan do parque un dos lugares máis importantes do mundo para estas especies. A poboación de aves nidificantes tamén salienta pola súa gran cantidade e diversidade. Entre 25.000 e 40.000 parellas pertencentes a 15 especies, conformando as colonias de aves acuáticas máis grandes de África occidental.[2]
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional do Banco de Arguin |