Parque Nacional de Abruzzo

O Parque Nacional de Abruzzo sitúase en Italia, nas rexións dos Abruzos, o Lacio e Molise. Foi o primeiro parque nacional de Italia, sendo fundado no 1923. Consta dun total de 44 000 hectáreas.

Orografía editar

 
Val de Fondillo

Situado nos Apeninos, a paisaxe predominante é a alta montaña. Sendo varios os cumios que superan os 2000 metros. Así temos o Monte Marsicano (2.242 metros), o Monte Petroso (2.247 metros) ou o Monte Cavallo (2.039 metros). O bosque predominante é o caducifolio, sendo os faiais a formación máis habitual. Considerábel presenza de cerquiños, carballos turcos, piñeiros mugo e carpes.

Fauna editar

O símbolo do parque é o rebezo de Abruzzo (Rupicapra pyrenaica ornata). A pequena poboación actual salvouse da extinción grazas a protección da que gozou neste parque. Tamén é salientable a presenza do oso pardo e do lobo, con pequenas poboacións estables. Presenza de cervos, corzos, aguia real, choia e a víbora de Orsini. Entre os invertebrados salientar a bolboreta apolo, símbolo das paisaxes de alta montaña europea.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar