Apolo (bolboreta)

Especie de bolboreta

A apolo (Parnassius apollo) é un lepidóptero da familia Papilionidae. Trátase dunha especie tradicionalmente asociada con hábitats de montaña. As súas poboacións esténdense por gran parte de Europa e Asia, e distribúense pola gran maioría das grandes rexións montañosas de Europa até o Tian Shan (China) e oeste de Siberia. Malia a súa ampla distribución, rara vez é común.

Apolo

Parnassius apollo (Canillo, Andorra).

Posición da Parnassius apollo cando se sente ameazada (Canillo, Andorra).
Posición da Parnassius apollo cando se sente ameazada (Canillo, Andorra).

Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Dytrisia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Papilionidae
Subfamilia: Parnassiinae
Tribo: Parnassiini
Xénero: Parnassius
Especie: P. apollo
Nome binomial
'Parnassius apollo'
(Linnaeus, 1758)

A súa vistosidade e maxestosidade durante o voo valeulle que sexa moi aprezada por algunhas comunidades: pola banda positiva é protagonista de numerosos selos, mentres que pola negativa é obxectivo principal polos coleccionistas, feito que xunto coa destrución do seu hábitat (incluíndo o cambio climático), conduciu á especie ó status de ameazada.

Notas editar

  1. "Parnassius apollo" (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar