Parque Nacional Port-Cros

O Parque Nacional Port-Cros atópase na costa sur de Francia.

Datos de interese editar

O Parque Nacional creouse no 1963 e corresponde a un parque marítimo, xa que protexe as illas de Port-Cros e Bagaud, e mailo illote de La Gabinière. A zona protexida abrangue 2.475 hectáreas.

Flora e Fauna editar

A vexetación é a habitual nos ambientes mediterráneos: piñeiros, aciñeiras, érbedos e a uz branca, son as especies predominantes. Salientar a presenza da posidonia nos fondos mariños. Tamén é salientábel a existencia de corais, gorgonias, espirógrafos e unha gran variedade de peixes. Existen zonas específicas de protección, coma o Massif des Maures, para a tartaruga mediterránea (testudo hermanni).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar