Tartaruga mediterránea

A tartaruga mediterránea ou tartaruga de terra (Testudo hermanni) é unha das oito especies de tartaruga clasificadas tradicionalmente dentro do xénero Testudo, xunto con especies achegadas como a tartaruga marxinada (T. marginata), a tartaruga grega (T. graeca) ou a tartaruga de Horsfield (T. horsfieldii). Coñécense dúas subespecies: T. h. hermanni e T. h. boetthgeri. Son réptiles herbívoros e diúrnos que poden chegar a vivir idades comparables ás dos humanos, e que se estenden dende a costa levantina da Península Ibérica até a marxe sur do mar Negro. Xunto coa tartaruga marxinada (T. marginata) é a única tartaruga terrestre de distribución integramente europea. A destrución dos seus hábitats e a súa popularidade como animais de compaña reduciron significativamente as poboacións salvaxes e fixeron indispensable a protección para asegurar o futuro da especie a longo prazo.

Tartaruga mediterránea

Testudo hermanni hermanni en Mallorca
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Familia: Testudinidae
Xénero: 'Testudo (en disputa)
Especie: T. hermanni
Nome binomial
'Testudo hermanni'
Gmelin, 1789
Distribución
Distribución

Distribución
Sinonimia[2]
T. h. hermanni
  • Testudo hermanni Gmelin, 1789
  • Testudo graeca bettai Lataste, 1881
  • Testudo hermanni hermanni Wermuth, 1952
  • Testudo hermanni robertmertensi Wermuth, 1952
  • Protestudo hermanni Chkhikvadze, 1983
  • Agrionemys hermanni Gmira, 1993
  • Testudo hermanii Gerlach, 2001 (ex errore)
  • Testudo hermannii Claude & Tong, 2004 (ex errore)
T. h. boettgeri
  • Testudo enriquesi Parenzan, 1932
  • Testudo hermanni boettgeri Bour, 1987
  • Testudo boettgeri Artner, Budischek & Froschauer, 2000
  • Testudo hercegovinensis Perälä, 2002
  • Testudo boettgeri boettgeri Artner, 2003
  • Testudo boettgeri hercegovinensis Artner, 2003
  • Testudo hermanni hercegovinensis Vinke & Vinke, 2004

Notas editar

  1. van Dijk, P. P., Corti, C., Mellado, V. P. & Cheylan, M. (2004). "Testudo hermanni". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 23 de marzo de 2011. 
  2. Fritz Uwe; Peter Havaš (2007). "Checklist of Chelonians of the World" (PDF). Vertebrate Zoology 57 (2): 299–301. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2010. Consultado o 29 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar