Parque Nacional Ala Archa

O Parque Nacional Ala Archa é un espazo protexido alpino nas montañas de Tian Shan de Kirguizistán, foi establecido en 1962 e fixa a uns 40 km ao sur de Bixkek. O parque, que inclúe o desfiladeiro do río Ala-Archa e as montañas que o rodean, é un destino popular para excursionistas, sendeiristas, esquiadores, así como os alpinistas que pesquisan retos de xeo e rochas. O parque cobre uns 200 quilómetros cadrados, e a súa altitude varía duns 1500 metros á entrada, a un máximo de 4895 metros no Pico de Semenova Tian-Shanski, o pico máis alto da cordilleira Ala Tau do Tian Shan. Hai máis de 20 glaciares e uns 50 picos de montaña no parque. Amais dous ríos máis pequenos, o Adygene e o Ak-Sai.[1][2]

Modelo:Xeografía físicaParque Nacional Ala Archa
Imaxe
Tipostate nature national park of Kyrgyzstan (en) Traducir
Parque nacional
parque Editar o valor en Wikidata
EpónimoAla-Archa River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deTian Shan Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaKyrgyz Alatau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Chuy, Kirguizistán Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°32′51″N 74°29′04″L / 42.547516, 74.484558
Bañado porAla-Archa River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoPik Semionova Tien-Shanskogo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (4.895 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie194 km² Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1677 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación29 de abril de 1976 Editar o valor en Wikidata

Sitio webalaarchapark.kg Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100067022486004 Instagram: ala_archa_kgpp Editar o valor en Wikidata

En lingua kirguiz, o Archa (Арча), que dá nome ao parque, é un cimbro brillante ou de moitas cores de moita tradición en Kirguizistán, que usando o fume da queima de madeira, os kirguiz escorrentan aos malos espíritos. Malia iso, o archa non se planta preto da casa, porque se cre que mina a enerxía dos poboadores que viven preto do lugar.

O terreo difícil e a ampla diversidade da vexetación causa unha gran variedade de vida salvaxe. Especialmente rica en composición de especias de aves. No territorio do Parque natural habitan 40 especies de mamíferos e máis de 163 especies de aves.[3] Entre os mamíferos atópanse a cabra montesa, o leopardo das neves, o xabaril, o teixugo, o lobo e a marmota.

Galería de imaxes

editar
  1. GeoView (ed.). "Ak-Sai" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  2. GeoView (ed.). "Adygene River" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  3. "Фауна" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 30 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

editar