Paradoxurus

xénero de mamíferos

Paradoxurus é un xénero de mamíferos da familia dos vivérridos que foi nomeada e descrita primeiramente por Frédéric Cuvier en 1822.[2] As especies de Paradoxurus teñen unha cabeza ancha, fociño estreito cun longo rinario que está profundamente asucado no medio. As súas longas orellas son arredondadas no extremo. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo.[3]

Paradoxurus[1]

A civeta asiática Paradoxurus hermaphroditus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Viverridae
Subfamilia: Paradoxurinae
Xénero: Paradoxurus
Cuvier, 1822
Paradoxurus ranges
Paradoxurus ranges

Paradoxurus ranges
Especies

ver táboa

Características editar

As especies de Paradoxurus teñen unha cabeza ancha, un fociño estreito cun gran rinario que ten un sulco profundo no medio. As orellas son grandes e de puntas arredondadas, as cristas internas e as bolsas están ben desenvolvidas. O cranio mostra un marcado moldeado muscular, e a área postorbital está profundamente constrinxida un pouco detrás dos ben desenvolvidos procesos postorbitais. É considerablemente máis estreito que a área interorbital e que o fociño por encima dos dentes caninos. A fórmula dental é 3.1.4.23.1.4.2. O padal por detás non cobre a metade anterior da fosa mesopterigoide e é plano e está expandido entre os dentes posteriores da zona da meixela. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo, ás veces bastante longo e dunhas seis veces a lonxitude dos pés posteriores.[3]

Taxonomía editar

En 2005 este xénero definiuse comprendendo tres especies nativas do sueste de Asia:[1]

Nome Imaxe Distribución
P. hermaphroditus (Pallas, 1777)[4]    
P. zeylonensis Pallas, 1778[5]   Sri Lanka
P. jerdoni Blanford, 1885[6]   Ghats Occidentais, India

En 2009 propúxose incluír tamén o Paradoxurus aureus, Cuvier, 1822 (civeta dourada de zonas húmidas), o Paradoxurus montanus, Kelaart, 1852 e o Paradoxurus stenocephalus, Groves et al. (civeta dourada de zonas secas), 2009, que son endémicos de Sri Lanka.[7] Porén, un estudo posterior atopou moi pouca diversidade xenética e ningunha estrutura xeográfica nas civetas douradas e non apoiaba a separación proposta. A P. hermaphroditus comprende tres grandes clados que deberían recoñecerse como especies separadas: concretamente unha no subcontinente indio e o sueste asiático, outra en Sumatra, Xava e outras pequenas illass e a terceira en Filipinas e as illas Mentawai.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 550–551. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  2. Cuvier, F. (1822). "Du genre Paradoxure et de deux espèces nouvelles qui s'y rapportent". Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle Paris 9: 41–48. 
  3. 3,0 3,1 Pocock, R. I. (1939). "Paradoxurus". The Fauna of British India, including Ceylon and Burma. Mammalia. Volume 1. London: Taylor and Francis. pp. 379–415. 
  4. Pallas, P. S. (1778). "Das Zwitterstinkthier". En Schreber, J. C. D. Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur, mit Beschreibungen. Erlangen: Wolfgang Walther. p. 426. 
  5. Pallas, P. S. (1778). "Der Boshond". En Schreber, J. C. D. Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur, mit Beschreibungen. Erlangen: Wolfgang Walther. p. 451. 
  6. Blanford, W. T. (1885). "A Monograph of the Genus Paradoxurus, F. Cuvier". Proceedings of the Zoological Society of London 53 (4): 780–808. doi:10.1111/j.1096-3642.1885.tb02921.x. 
  7. Groves, C. P.; Rajapaksha, C.; Mamemandra-Arachchi, K. (2009). "The taxonomy of the endemic golden palm civet of Sri Lanka" (PDF). Zoological Journal of the Linnean Society 155: 238–251. doi:10.1111/j.1096-3642.2008.00451.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 05 de abril de 2020. 
  8. Veron, G.; Patou, M.-L.; Tóth, M.; Goonatilake, M.; Jennings, A. P. (2014). "How many species of Paradoxurus civets are there? New insights from India and Sri Lanka". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 53 (2): 161–174. doi:10.1111/jzs.12085. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar