Paradiña, Rebordondo, Monterrei

lugar da parroquia de Rebordondo, do concello de Monterrei

Coordenadas: 42°00′17″N 07°31′13″O / 42.00472, -7.52028

Paradiña é un lugar da parroquia de Rebordondo no concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. Ficou despoboada a comezos da década de 1990[1].

Paradiña
Paradiña, Rebordondo, Monterrei 01.jpg
Vista da aldea
ParroquiaRebordondo
ConcelloMonterrei
Poboación0 hab. (2021)
editar datos en Wikidata ]

DescriciónEditar

A aldea está a 565 m sobre o nivel do mar, a carón do río Rubín, afluente do Búbal, que atravesa unha ponte dun só ollo do século XX. Pódese chegar desde a aldea de Infesta, río abaixo, ou desde Rebordondo.

O seu topónimo é un hodónimo relacionado coa súa situación, ao ser un lugar de paso. Até 1893 o lugar pertenceu á parroquia de Vilaza.

Na aldea hai unha capela dedicada a san Pacio, e nela celebrábase unha romaría. A aldea áchase nun progresivo estado de deterioración. Segundo a tradición oral, nunha das casas vivía a curandeira María do Arangaño, da que se dicía que curaba o arangaño coas augas dos regatos da zona[1].

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Andrés Diz (Agosto de 2012). "Visita a Paradiña". Monterrei. 

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de RebordondoEditar

Lugares da parroquia de Rebordondo no concello de Monterrei (Ourense)

Paradiña

Parroquias de MonterreiEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Monterrei

Albarellos (Santiago) | Estevesiños (San Mamede) | Flariz (San Pedro) | Infesta (San Vicenzo) | A Madanela (Santa María) | Medeiros (Santa María) | Monterrei (Santa María) | Rebordondo (San Martiño) | San Cristovo (San Cristovo) | Vences (Santa Baia) | Vilaza (San Salvador)