Abrir o menú principal

Parabasalia

(Redirixido desde "Parabasálido")

Os Parabasalia ou parabasálidos son un grupo de protistas flaxelados dentro do subgrupo dos Excavata. A maioría destes organismos establecen realcións simbióticas con animais; e entre eles hai diversas especies que se encontran nos intestinos de térmites[1] e cascudas. Outras especies deste supergrupo son parasitas e inclúen a patóxenos humanos.

CaracterísticasEditar

Os flaxelos están dispostos formando un ou máis grupos preto da parte anterior da célula. Os seus corpos basais están ligados a fibras parabasais que se unen a un prominente aparato de Golgi, que é distintivo deste grupo. Xeralmente tamén teñen unha lámina de microtúbulos cruzados que discorre polo centro da célula e nalgúns casos proxéctase alén do final da célula, que se denomina axostilo, pero é diferente en estrutura dos axostilos que teñen as oximónadas.

Os parabasálidos son anaeróbicos, e carecen de mitocondrias, pero isto débese a unha perda secundaria na evolución, e conteñen no seu lugar pequenos hidroxenosomas, que parece que se orixinaron a partir da redución das mitocondrias.[2] Reliquias similares atopáronse noutros flaxelados amitocondriados, e os parabasálidos están probablemente relacionados con eles, formando o grupo denominado metamónadas. Carecen das fendas para a alimentación que presentan a maioría dos outros, mais isto pode ser tamén unha perda secundaria.

ClasificaciónEditar

Os paabasálidos actualmente están divididos en 10 ordes.

  • As tricomónadas presentan un grupo de 4-6 flaxelos, un dos cales está unido a un lado da célula e a miúdo forma unha membrana ondulante. Moitos deles atópanse en hóspedes vertebrados, como é o caso de Trichomonas vaginalis, que causa unha enfermidade de transmisión sexual en humanos.
  • Os outros ordes, anteriormente agrupados co nome hipermastíxidos, teñen un grande número de grupos de flaxelos e encóntranse exclusivamente no tracto dixestivo de insectos. (O termo "Hypermastigida" aínda se pode ver ocasionalmente na literatura.[3])

NotasEditar

  1. Ohkuma M, Iida T, Ohtoko K; et al. (June 2005). "Molecular phylogeny of parabasalids inferred from small subunit rRNA sequences, with emphasis on the Hypermastigea". Mol. Phylogenet. Evol. 35 (3): 646–55. PMID 15878133. doi:10.1016/j.ympev.2005.02.013. 
  2. Bui, ET; Bradley, PJ; Johnson, PJ (Sep 3, 1996). "A common evolutionary origin for mitochondria and hydrogenosomes.". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (18): 9651–6. PMC 38483. PMID 8790385. 
  3. Carpenter KJ, Keeling PJ (2007). "Morphology and phylogenetic position of Eucomonympha imla (Parabasalia: Hypermastigida)". J. Eukaryot. Microbiol. 54 (4): 325–32. PMID 17669157. doi:10.1111/j.1550-7408.2007.00263.x.