A 74ª edición da París-Niza disputouse en Francia entre o 6 e o 13 de marzo de 2016.

Modelo:Competición deportivaParís-Niza 2016
Imaxe
Nome oficialParis-Nice 2016 Editar o valor em Wikidata
TipoParís-Niza Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI World Tour 2016 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento1.122,1 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaConflans-Sainte-Honorine Editar o valor em Wikidata
Liña de metaNiza Editar o valor em Wikidata
Número de participantes175, inicio
131, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo6 de marzo de 2016 – 13 de marzo de 2016 Editar o valor em Wikidata
Número de edición74 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Geraint Thomas
Segundo da clasificación xeral Alberto Contador
Terceiro da clasificación xeral Richie Porte
Gañador da clasificación por puntos Michael Matthews
Gañador da clasificación da montaña Antoine Duchesne
Vencedora da classificação por equipas Movistar 2016
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor em Wikidata

2015 Editar o valor em Wikidata

A carreira comezou cun prólogo 6'1 km en Conflans-Sainte-Honorine e finalizou como case sempre en Niza. A París-Niza foi a segunda proba do calendario do UCI WorldTour 2016.

A carreira venceuna o ciclista galés do Team Sky, Geraint Thomas. Detrás súa rematou o español do Tinkoff Alberto Contador seguido do australiano do BMC Racing Team e defensor do título Richie Porte.

Nas clasificacións secundarias, o australiano Michael Matthews gañou a clasificación por puntos, mentres que o canadense Antoine Duchesne logrou a da montaña e o Movistar Team a dos equipos.

Equipos participantes

editar

A proba comezárona 22 equipos: os 18 da categoría UCI WorldTour, mailos 4 franceses da categoría Profesional Continental. En total, pelotón contou con 175 ciclistas, 8 por equipo (excepto o Lotto-Soudal que partiu con 7) dos cales remataron 131.

Equipo Cód.UCI Categoría
  Ag2r-La Mondiale ALM UCI World Tour
  Lampre-Merida LAM UCI World Tour
  FDJ FDJ UCI World Tour
  Movistar Team MOV UCI World Tour
  Astana AST UCI World Tour
  BMC Racing Team BMC UCI World Tour
  Team Sky SKY UCI World Tour
  Team Giant Alpecin TGA UCI World Tour
  Direct Énergie DEN Prof.Continental
  Orica GreenEDGE OGE UCI World Tour
  IAM Cycling IAM UCI World Tour
  Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI World Tour
  Lotto-Soudal LTS UCI World Tour
  Cofidis, Solutions Crédits COF Prof.Continental
  Tinkoff TNK UCI World Tour
  Etixx-Quick Step EQS UCI World Tour
  Team Katusha KAT UCI World Tour
  Trek-Segafredo TFS UCI World Tour
  Cannondale CPT UCI World Tour
  Fortuneo-Vital Concept FVC Prof.Continental
  Delko Marseille Provence KTM DMP Prof.Continental
  Team Dimension Data DDD UCI World Tour

Etapas

editar

Seguindo o acordo vixente dende 2010, o percorrido da carreira comezou no departamento de Yvelines cun prólogo de 6'1 km para rematar cunha etapa de media montaña de 134 km con inicio e final na cidade costeira de Niza o 13 de marzo. A etapa raíña foi considerada a 5ª, que se celebrou nun trazado montañoso de 177 quilómetros entre Niza e La Madone d'Utelle. Ademais, a 3ª etapa da carreira foi cancelada polos organizadores debido á gran cantidade de neve caída.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 6 de marzo Conflans-Sainte-Honorine-Conflans-Sainte-Honorine   6,1 (CRI)   Michael Matthews   Michael Matthews
1.ª 7 de marzo Condé-sur-Vesgre-Vendôme 198   Arnaud Démare   Michael Matthews
2.ª 8 de marzo Contres-Commentry 213,5   Michael Matthews   Michael Matthews
3.ª 9 de marzo Cusset-Mount Brouilly   168   Michael Matthews1
4.ª 10 de marzo Juliénas-Romans-sur-Isère 195,5   Nacer Bouhanni   Michael Matthews
5.ª 11 de marzo Saint-Paul-Trois-Châteaux-Salon-de-Provence   198   Alexey Lutsenko   Michael Matthews
6.ª 12 de marzo Niza-La Madone d'Utelle   177   Ilnur Zakarin   Geraint Thomas
7.ª 13 de marzo Niza-Niza   134   Tim Wellens   Geraint Thomas
Total 1.122,1   Geraint Thomas

1A terceira etapa cancelouse no quilómetro 93 debido á neve.

Clasificación xeral

editar
 
Geraint Thomas vestido co maillot amarelo de líder.

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral á fin da carreira:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Geraint Thomas Team Sky 27h 26' 40"
2   Alberto Contador Tinkoff + 4"
3   Richie Porte BMC Racing Team + 12"
4   Ilnur Zakarin Team Katusha + 20"
5   Ion Izagirre Movistar Team + 37"
6   Sergio Henao Team Sky + 44"
7   Simon Yates Orica GreenEDGE m.t.
8   Tony Gallopin Lotto-Soudal + 51"
9   Romain Bardet AG2R La Mondiale + 1' 00"
10   Rui Costa Lampre-Merida + 1' 07"

Outras clasificacións

editar

Clasificación por puntos

editar
 
Michael Matthews co xersei dos puntos.
Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Michael Matthews Orica 53
2   Alberto Contador Tinkoff 23
3   Ben Swift Sky 22
4   Alexey Lutsenko Astana 18
5   Geraint Thomas Sky 18

Clasificación da montaña

editar
 
Antoine Duchesne co maillot da clasificación da montaña.
Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Antoine Duchesne Direct Energie 78
2   Jesús Herrada Movistar 51
3   Thomas de Gendt Lotto-Soudal 49
4   Arnaud Courteille FDJ 20
5   Evaldas Siskevicius Delko Marseille 18

Clasificación por equipos

editar
Pos. Equipo Tempo
    Movistar 82h 30' 40"
2   Astana + 41"
3   Sky + 3' 01"

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar