Alcrique
Alcrique | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcrique (Scomberesox saurus). | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Scomberesox saurus' (Walbaum, 1792) |
O alcrique[1][2] (Scomberesox saurus Walbaum 1792) é un peixe mariño da familia dos Scomberesocidae, de corpo longo e estreito e cunhas mandíbulas aguzadas. Pode confundirse coa agulla (Belone belone), moi similar pero máis grande. No Dicionario da RAG dáselle tamén o nome de alpabarda[3], chandarme[4], pataguillón[5] ou rato[6] .
Ríos Panisse (1977) recolleu para esta especie os nomes comúns de alcrique (e alcrico) en 13 dos 56 portos galegos nos que fixo a enquisa, alpabarda en 11 portos, e chandarme (ou chindarme, xandarme e xendarme) en 15 portos; tamén recolleu outros nomes máis localizados, como crisna, croque, pataghillón/pataghullón e mais sardiña de pico. Para os exemplares pequenos, corcito, nome que comparte coa agulla cando é pequena.
Descrición
editarÉ un peixe de corpo longo e delgado, comprimido, de cor gris azulada polo lombo e branca verdosa polo lombo. O tamaño medio rolda os 30–35 cm, mais capturáronse exemplares de 50 cm. As aletas dorsal e anal, únicas, están moi atrasadas, coma na agulla, pero cunha serie de 5-7 pínnulas entre elas e a aleta caudal, das que carece a agulla.
As mandíbulas son aguzadas, sendo a inferior maior cá superior.
Hábitat e distribución
editarVive en augas pouco profundas, con máximos de 30 metros, e é de distribución subtropical, entre os 66º N e 22 ºS, nas costas europea e americana do océano Atlántico, incluído tamén o Mediterráneo. É unha especie altamente migratioria e gregaria.
Aliméntase de zooplancto e larvas de peixes, ocasionalmente peixes pequenos. É predado por atúns, bacallaus, abadexos e golfiños ou toniñas.
Aproveitamento
editarCaptúrase con artes de cerco, a finais de verán e principios do outono. Ten pouco aprecio para o consumo en fresco, polo que o seu destino principal é a conserva.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcrique.
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 28. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alpabarda.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chandarme.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pataguillón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rato.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Alcrique |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de alcrique |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de alpabarda |
Bibliografía
editar- DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba, 1977.
Ligazóns externas
editar- Ficha en FishBase.org
- Artigo de Carlos Lixó que recolle máis denominacións.