Beloniformes
Os Beloniformes (Beloniformes) son unha orde de peixes con espiñas nas aletas (superorde Acantopterixios ou (Acanthopterygii). Comprenden principalmente especies mariñas pero tamén algunhas de augas salobres ou doces.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Belone_belone1.jpg/300px-Belone_belone1.jpg)
Características
editarAdoitan ser peixes de tamaño medio que viven cerca da superficie da auga e que se alimentan de algas, plancto ou pequenos animais, incluídos outros peixes.
As mandíbulas dos beloniformes están especialmente prolongadas, só a inferior (familia Adrianichthyidae) ou as dúas (familias Belonidae ou Scomberesocidae), carácter que se pode presentar só nos individuos adultos, só nos xuvenís ou en ámbalas idades.
O lobo inferior da aleta caudal posúe máis radios principais que o lobo superior.
Clasificación
editarDivídense en dúas subordes e cinco familias:
- Suborde Adrianichthyoidei
- Familia Adrianichthyidae
- Suborde Belonoidei
- Superfamilia Exocoetoidea
- Familia Exocoetidae
- Familia Hemiramphidae
- Superfamilia Scomberesocoidea
- Familia Belonidae
- Familia Scomberesocidae (alcrique ou paparda)
- Superfamilia Exocoetoidea
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Beloniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Beloniformes |